![]() |
| Un dos modelos presentados pola cambadesa Eva Soto. |
O auditorio do Centro Cultural Caixanova encheuse onte para recibir aos dez finalistas do certame Tesoira, no que un ano máis se mostrou o talento da mocidade galega.
O auditorio do Centro Cultural Caixanova encheuse onte para recibir aos dez finalistas do certame Tesoira, no que un ano máis se mostrou o talento da mocidade galega. Nesta nova edición, a gañadora foi Leticia Branco, de Poio, coa súa colección “Oxford versus Cambridge”, coa que apostou pola elegancia e a procura do pracer e individualismo, tapando as caras dos modelos con distintas máscaras. O segundo premio foi a parar a mans de Isabel Piñar, coa colección “Future Looking-Back”, de Foz. Para rematar, o vigués Alberto Neves levou o terceiro premio, así como a Mención de Honra ao mellor comunicador, coa colección “Leite, principio do proceso da desnaturalización”. O primeiro premiado levou 3.000 euros, o segundo, 1.500 e o terceiro, 1.000. Ademais, os tres contarán cunha bolsa de formación valorada en 3.000 euros. As creacións dos mozos galegos destacaron moitas veces por lograr estilismos imposibles, como o modelo gaiola de Eva Soto, a diseñadora de Cambados recibia a mención de honra o diseño más innovador de Tesoira 2010. Podes ver premendo AQUÍ un video do desfile dos modelos de Eva Soto e prmendo AQUÍ unha galeria de gotos da velada.
BREVES:
Premendo AQUI podes leer o artigo de Duarte Correa: "A consolidación da OTAN como xendarme internacional (I)".
Doutra banda mañá de 16.30 a 18.30 horas hai taller de Bixuteria na Biblioteca Municial de Cambados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario