17 de nov. de 2010

OS VECIÑOS DE O GROVE QUEREN MOVILIZAR OS VECIÑOS DO SALNÉS

Preme no cartel para velo ampliado.
O Dr. Miguel Gil Casares decatouse de cal era o mellor sitio para curar os enfermos de tubercolose. Os veciños axudaron a súa construcción e cederon os terreos. O s veciños de O Grove piden un respecto deica a historia do seu pobo. Apoian todo proxecto que mellore a calidade de vida das persoas pero opoñense frontalmente a unha ubicación dunha Pousada-xardín no antergo Sanatorio da Lanzada. Os veciños de O Grove póñense a dispor da Deputación para abordar un proxecto que sexa ambicioso para o futuro da provincia onde a formación, o deporte, as actividades sociais e o fomento da cultura sexan obxectivos motores deste centro. Creen que estas instalacións gardan enormes posibilidades de desenvolvemento de programas públicos. Os veciños están a defender a continuidade deste desenvolvemento para toda a Comarca do Salnés. Polo que convocan a todos os veciños de O Grove e da Comarca do Salnés para unha reunión na casa de cultura “Manuel Lueiuro Rey” sita no Monte da Vila o vindeiro venres 19 de Novembro ás 20.30 horas para tratar o tema da Pousada-Xardín no Sanatorio da Lanzada.

Ningún comentario: