![]() |
| Os dez finalistas do certame de moda Tesoira pousan tras a presentación oficial dos seus deseños cos que competirán por facerse co galardón. |
Dez "estilismos" a por o premio Tesoira
O certame cumpre dezanove edicións distinguindo as coleccións de moda máis interesantes dos deseñadores galegos emerxentes nunha gala que se celebrará o 17 de novembro no teatro de Caixanova
Os dez finalistas do certame de moda Tesoira pousan tras a presentación oficial dos seus deseños cos que competirán por facerse co galardón.
Dez mozos aspiran en converterse no novo gañador do Tesoira no seu decimo novena edición. Con este premio distínguese á mellor colección de moda realizada por creativos galegos e que permitirá o seu acceso ao mundo profesional. A ourensá Diana Díaz, con 22 anos e a colección ?We are?; a cambadesa Eva Soto, con 25 anos e "Paxaros na cabeza"; os pontevedreses Francisco Javier Nogueira, (20 anos e "A ilusoria demencia de Juana I de Castela"), Raquel Pereiro (24 anos e "Melting pot") e Leticia Branco (29 anos e ?"xford versus Cambrige"); as lucenses Antía López (29 anos e "Acerca da camisa") e Isabel Piñar (23 anos e "Future-looking back"), a canguesa Alba Bermúdez (23 anos e "Faneka brava") e os vigueses Alberto Neves (27 anos e "Leite, principio do proceso de desnaturalización") e María Fente (22 anos e "O Anxo azul") mostrarán os seus deseños na pasarela que se celebrará o 17 de novembro no teatro do Centro Cultural Caixanova. Ao finalizar os desfiles, coñecerase o fallo do xurado, formado polos deseñadores Cristóbal Vidal e Alicerce Bande xunto aos xornalistas Ana Fontes (de Atlántico), Fernando Franco e Diego Pérez, e presididos pola delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares. O certame Tesoira outorgará como en edicións anteriores tres premios económicos: 3.000 euros para o primeiro seleccionado; 1.500, para o segundo; e 1.000, para o terceiro. Ademais ofreceranse tres mencións de honra: ao deseño máis creativo, dado polo Corte Inglés e galardoado cun contrato en prácticas no seu departamento téxtil; ao deseño máis innovador, por Caixanova, dotado cun abono anual para o programa de teatro e danza do seu centro cultural; e para rematar, a TVG entregará a distinción ao deseño máis comunicador, ofrecendo ao autor a participación nun programa especial que se emitirá pola televisión ao día seguinte do certame. A noite de gala para a moda galega contará coa presenza de dúas firmas portuguesas. Así mesmo, o peche correrá a cargo da modista viguesa Patricia Avendaño que mostrará a colección que levou á pasarela Gaudí. Onte, a delegada da Xunta, Lucía Molares presentou aos dez finalistas nun acto que tivo lugar en Vigo. Estivo acompañada por Cristina Álvarez, Relacións Exteriores do Corte Inglés; María Pereira, xefa de Comunicación de Caixanova, e Fernando Ojea, director de comunicación da TVG.
A continuación podes ver o video no que participaron tres artistas cambadeses e que está relacionado coa nova, concretamente a deseñadora Eva Soto co seu traballo "Pázaros na cabeza", o cantante Isi Vaamonde, que lle pon música o video, e Eduardo Apariz quen fixo a sesión fotográfico e o video.

Ningún comentario:
Publicar un comentario