10 de nov. de 2010

UN CAMBADÉS ILUSTRE ENTRE OS ASINANTES DUN COMUNICADO PEDINDO A LIBERDADE DE ARNALDO OTEGUI

“””En primeiro lugar queremos deixar moi claro que as persoas que impulsamos ou apoiamos esta campaña non somos da contorna de ninguén, simplemente pertencemos, porque esa é a nosa sensibilidade e a nosa traxectoria, ao movemento pola democracia e a xustiza social. Debido a esa aposta que asumimos pola liberdade, bastantes das persoas que subscribimos esta iniciativa, tivemos que sufrir a represión e ou o cárcere durante o Réxime Franquista. Por esa aposta, seguimos sufrindo criminalización por parte daqueles que vivían comodamente baixo o franquismo ou eran simplemente o seu sustento directo....”””
Así empeza un comunicado que ten como titulo “Sinaturas pola liberdade de Arnaldo Otegui”. O Comunicado paga a pena lelo con toda calma, xa que é moi interesante a par que ilustrativo sobre da situación actual de Otegui . Entre as  persoas que apoian este comunicado coa súa sinatura podemos atopar o líder noutra hora do BNG, Xosé Manuel, Beiras, o ex eurodeputado do BNG Camilo Nogueira , o actual presidente da Real Academia Galega Méndez Ferrin ou o  catedrático e académico cambadés Francisco Fernández Rei.
Podes ler o comunicado completo premendo AQUI.

Ningún comentario: