23 de nov. de 2010

CANTONA, LÍDER ANTISISTEMA

O ex futbolista francés propón retirar o diñeiro dos bancos en masa o próximo 7 de decembro . Eric Cantona converteuse no novo oráculo da revolución que os franceses están levando a cabo no seu país en contra das medidas económicas.
O francés propón colapsar o sistema retirando o diñeiro dos bancos en masa. Estas palabras traducíronse nun movemento social en Internet.
O movemento 'StopBanque' estendeuse a través de Facebook. 14.000 persoas comprométense a retirar o seu diñeiro o 7 de decembro.
O ex do Manchester fixo un chamamento aos manifestantes en contra dos recortes e as reformas de pensións en Francia e animoulles a dar un paso máis nesta loita suxerindo que retiren o diñeiro dos bancos.
Cantona, que sempre se manifestou a favor dos movementos de protesta orixinados no seu país, asegurou que non se pode estar feliz coa miseria que existe hoxe en día e cansado desta situación propuxo que a mellor medida de presión é a de "retirar o diñeiro dos bancos en masa".
As declaracións, recollidas por un diario de Nantes, o Presse Ocean das que se fai eco The Guardian, tiveron gran repercusión grazas a un vídeo que se colgou en YouTube e que ten case 40.000 visitas.
O futbolista, entrevistado polo seu traballo na Fundación Abbé Pierre (a favor dos desamparados) trasladou o tema da conversación a esta loita que calou forte entre os franceses.
Cantona, asegura que as manifestacións nas rúas e as pancartas pasaron de moda e por iso hai que pasar á acción.
"O sistema debe ser destruído a través dos bancos", asegura o francés. "Se todas esas persoas que saen con pancartas á rúa retirasen o seu diñeiro dos bancos, produciríase un colapso. Iso si sería unha gran revolución" afirma.

Ningún comentario: