![]() |
| Victor e Tabuyo, casi sempre obviados polos organizadores dos actos do Concello de Cambados. |
Mañá ás seis da tarde celebrarase no Concello unha reunión da mesa local contra a violencia doméstica. A esta cita acudirán director e xefes de estudo dos centros escolares da localidade, persoal sanitario do centro de saúde, representantes do xulgado número 3 de violencia de xénero, fiscais, policías locais, Garda Civil, Servizos Sociais do Concello, persoal do CIM e a xefa de unidade contra a violencia sobre as mulleres da subdelegación do Goberno en Pontevedra. A sesión estará presidida polo alcalde, Luis Aragunde. Novamente os encargados de protoculo negan a existencia da oposición en Cambados, xa que non invitaron nin o voceiro do PSOE nin o do BNG, a ver cando fan un cursiño en Cambados sobre protocolo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario