28 de nov. de 2010

CRISIS TAMÉN NOS CURAS

A diocese de Santiago de Compostela “á que pertence O Salnés” conta cun total de 1.072 parroquias, pero con apenas 460 sacerdotes para atendelas. O descenso de vocacións relixiosas motiva que cada vez máis, os curas teñan que repartir o seu tempo entre dous ou máis feligresías. A situación é especialmente dura nalgunhas zonas do interior das provincias da Coruña e Pontevedra, onde hai sacerdotes con ata nove parroquias ao seu cargo.
No Salnés a situación non é tan crítica, pero aínda así xa son moitos os sacerdotes que compaxinan o seu traballo en polo menos dúas parroquias. Nos tres arciprestazgos que comprenden a demarcación xeográfica da comarca hai unhas 70 parroquias, que son atendidas por só 37 curas.
Así, no arciprestazgo de Arousa “que comprende parroquias de Catoira, Vilagarcía, Vilanova, A Illa, Cambados e Caldas de Reis” hai 18 relixiosos para 28 feligresías. A falta de substitución xeracional ata provoca que haxa relixiosos de avanzada idade que teñen que distribuír o seu tempo entre dous lugares. É o que lle ocorre por exemplo a Dositeo Valiñas, de 90 anos de idade, que atende as comunidades de Ribadumia e Leiro.
Así mesmo, a media de idade dos sacerdotes do Salnés é elevada. De feito, moitos seguen traballando a pesar de cumprir os 65 anos e de ter dereito ao retiro. Na comarca arousá, a media de idade dos párrocos xa se aproxima aos 70 anos, que é tamén a media da diocese compostelá.
Para o arcipreste do Salnés, Antonio Varela "a situación é moi dura, aínda que de momento ímola sostendo axudándonos os uns aos outros". Na súa opinión, a falta de vocacións "é unha crise profunda" que tamén repercute negativamente na calidade dos servizos relixiosos que reciben os fregueses. O responsable do arciprestazgo de Arousa, Liño Arcos, tamén cre que "é unha situación preocupante porque segue habendo poucas vocacións".
No Seminario Maior de Santiago de Compostela fórmanse na actualidade unha vintena de mozos, "unha cifra totalmente insuficiente", máis tendo en conta que fai apenas corenta anos estudaban nese mesmo centro ao redor de 600 persoas. "Para os sacerdotes isto significa moito traballo, e hai que recordar que somos persoas maiores", remacha. O solución non é doada, pero tampouco é tan complicada, decimos dende Unha Grande Chea, a xa a utilizan algunas relixions cristianas, tales como deixar casar os curas, e que as mulleres tamén poidan exercer como sacerdotisas.

Ningún comentario: