O vindeiro domingo día 28 de novembro as 10.30 da mañá e dende o Colexio Público de Corvillón vai ter lugar a terceira marcha do BNG, esta vez tocalle a Corvillón co varios lugares de interese tales como o Muiño e Estanque da Seca, Cruceiros, Camiño Real, Muiño do Casal de Padin, manantiais e pozos de captación de auga, etc. A duración será de 2.5 horas, a dificultade e media-baixa, a a distancia a percorrer son seis kilometros. Corvillón ten unha superficie de 3.75 km2, o seu punto máis alto e Treviscoso con 128 m. e bañano dous rios o da Ucha e o Rio Corvillón.
XA ESTÁ NA RÚA O BOLETIN DO BNG
Xa está na rúa o Boletin de Novembro do BNG, que podes ver premendo AQUI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario