![]() |
| Eva Soto |
O centro inaugura o luns unha exposición de xoias e artes plásticas. O 24 celebrará a gala final do 'Novos Modelos'.
A moda e a arte centrarán a axenda de actividades do Corte Inglés en Santiago previstas para a próxima semana, e que finalizará coa inauguración oficial da campaña do Nadal, que do mesmo xeito que en anos anteriores producirase co aceso da iluminación da súa fachada, nun acto previsto para o próximo día 26.
Antes, o Centro Comercial inaugurará unha mostra coas obras finalistas nas especialidades de Deseño de Xoias e Artes Plásticas do Certame Xuventude Crea 2010, nun acto previsto para o día 22, ás 20.00 horas. A mostra inclúe xoias, fotografías, esculturas e pinturas, seleccionadas de entre os traballos presentados por máis de 300 mozos de entre 16 e 30 anos.
Por outra banda, para o mércores 24, ás 20.00 horas, está prevista a gran gala da moda, que terá como escenario o Hostal dos Reis Católicos. Nela elixirase aos gañadores do certame Novos Modelos 2010 e poderanse ver as tendencias máis actuais da tempada, con especial atención á roupa de festa e complementos.
ARTISTAS SELECCIONADOS
Deseños de xoias. Poderanse ver obras deDamián Alonso Ares .
Rebeca Abadía Gil, Andrea Piñeiro Piñeiro, Ana Seara Ferreiro, Verónica Jorge Carballeda e a cambadesa EVA SOTO CONDE.
Esculturas. Sheila Pazos, Pablo Rodríguez Barreiro, Oliver Requeijo Fernández, Montserrat Piñeiro e Tania Pérez Arribas.
Fotografías. Daniel Candal Álvarez, Jose Collazo Méndez, David Rodríguez Casas, Marta González Suárez, Javier López Prol e Pablo Alonso Rodríguez.
Pinturas. José Andrés Santiago Igrexas, Miguel Cuba Taboada, Tania Cuíña Gómez, Iago Eireos, Sheila Pazos e Alexandra Agís.

Ningún comentario:
Publicar un comentario