Ola a tod@s, @s veciñ@s que nos opoñemos a construción da Pousada no Sanatorio da Lanzada, temos convocada unha MANIFESTACION para o próximo domingo día 28 con saída as 11 da mañá da Praza do Corgo e que rematará con unha concentración diante do sanatorio na lanzada.
As persoas que non poidan facer este recorrido, poden concentrarse as 11 no Corgo e logo desprazarse en coches ata o sanatorio.
Despois da boa resposta da cidadanía tanto na recollida de firmas como no acto público de onte na casa de cultura, o domingo temos que estar tod@s.
¡¡ESTA ABERRACION TEMOLA QUE PARAR!! !!NON A POUSADA NO SANATORIO DA LANZADA¡¡. ¡¡O POVO UNIDO XAMAIS É VENCIDO!!

1 comentario:
Gracias polo compromiso, adiante e saúde
Publicar un comentario