26 de nov. de 2010

EVA SOTO GAÑA TRES MIL EUROS COA ELABORACIÓN DE TRES COLARES.

Hai escasamente unha semana, informabamos do triunfo da deseñadora cambadesa Eva Soto no certame de moda Tesoira 2010. Os seus deseños lograron unha das mencións do concurso. Pois ben, esta cambadesa volveu a triunfar pero, nesta ocasión, ao grande. Foron as súas xoias as que conseguiron encandear ao xurado do Xuventude Crea, convocado pola dirección xeral de Xuventude. O pasado luns inaugurábase a mostra de todas as pezas presentadas a concurso no Corte Inglés de Santiago. E ao día seguinte, o xurado elixiu os deseños de Soto como os mellores. Tres mil euros embolsarase a cambadesa polos seus tres colares elaborados con pel e outros materiais. De novo os paxaros son os que inspiraron esta colección. A gala final celebrarase o vindeiro martes, 30 de novembro, no teatro Colón da Coruña.

Ningún comentario: