26 de nov. de 2010

RETRANCA ORGANIZA UN MAGOSTO E CREA UN PREMIO PARA OS MOZOS DE CAMBADOS

O pazo de Torrado acolle este sábado pola tarde unha festa con música de gaita e as tradicionais castañas asadas
A asociación xuvenil Retranca, auspiciada e promovida  dende o  PP, organiza este sábado, día 27, un magosto no pazo de Torrado (Cambados). A festa empeza ás seis da tarde e é un acto aberto ao público. O presidente do colectivo, Javier Oubiña, explica que ademais de degustar castañas asadas, os asistentes poderán gozar coa actuación en directo dun grupo de gaiteiros.
Pero non é esta a única actividade na que está traballando Retranca coa inestimable axuda do Concello que non se envorca así con outras asociacións. Así, estes días ultiman a organización un novo premio, co que queren recoñecer o traballo dos mozos en diferentes ámbitos. Así, a asociación pretende instituir un premio que leva o nome do colectivo, Retranca, e que se divide nas modalidades de arte, deporte, solidariedade, colaboración, letras e música. Os galardóns poden concederse a título persoal ou a grupos. Unha actividade que debia de facer o Concello dende fai tempo.
Finalmente, o colectivo celebra durante a ponte da Constitución un torneo de 24 horas de fútbol sala. O evento dispútase no pavillón do instituto Ramón Cabanillas e empeza ás seis da tarde do domingo, día 5. Poden participar un máximo de 16 equipos "a inscrición é gratuíta e aínda está aberta", compostos de sete persoas cada un.
A media tarde do día 6 coñecerase o nome dos tres equipos gañadores, que son os que levarán os premios, consistentes en trofeos e medallas e nunha cea para os vencedores da final.
As inscricións poden realizarse no centro sociocultural da Mercede ou na xoiería David de Cambados "casa comercial que patrocina o torneo", e a asociación Retranca pretende darlle unha dimensión tamén cultural. De feito, o campionato leva o nome do escritor Ramón Cabanillas, se esa é toda a dimensión cultural, vaia por Deus.
Desde a súa fundación, Retranca xa organizou actividades como un festival de grafitis e hip-hop, en setembro pasado, ou colaborado co último encontro informático de Cambados, de onde sacan o diñeiro é un verdadeiro misterio.
Nova extraida do Faro de Vigo.

Ningún comentario: