![]() |
| Arriba unha pintura de Maria José Canda, abaixo unha escultura de Luis Garcia. |
Pintura
Mª JOSE CANDA CIMADEVILA
(Caldas de Reis). TELF.: 649.59.44.92
Nacida en Saiar (Caldas de Reis) en 1968. A unha formación autodidacta nos seus comezos se lle une uns coñecementos que adquire como alumna no taller do mestre GUILLERMO PEDROSA, así como formación no modelaxe e escultura no taller de artes plásticas do escultor MANUEL RÍAL.
Participou en diversas exposicións colectivas tanto en Galicia como no resto de España e tamén en Portugal e foi seleccionada nos seguintes certames
• 2005 PREMIO RIVAS BRIONES VILAGARCIA
• 2007 CERTAME DE PINTURA TOXOS E FRORES. FERROL
• 2007-2009 GALERIA FIVARS. ALICANTE
• 2007-2008 CERTAME PINTURRA ARTE NO MORRAZO.CANGAS
• 2009 CERTAME PINTURA ESCULTURA ARTE NO MORRAZO
Escribiron sobre a súa obra: MAXIMO SAR (escritor), aparicións en diversos medios de comunicación (FARO DE VIGO, DIARIO DE AROUSA, TELESALNÉS, TVG, ...) Foi publicada no libro HISTORIAL SOBRE O GROVE e membro do xurado do CONCURSO INFANTIL DE DIBUJO EN PORTAS. E no 2009 recibiu o GALARDÓN GALO DE OURO pola súa traxectoria artística, concedida polo Concello de Portas.
Escultura
LUIS GARCIA MOSTEIRO.
(Meis).Telf.:605.91.00.85
Nacido en San Lorenzo de Meis, este artista autodidacta mostraba a seu interese pola escultura xa dende neno, grazas o seu avó, quen lle ensino nos seus comezos. E unha persoa moi creativa, de feito non se limita a un só estilo,senón que intenta superarse cada día con cousas novas. Na actualidade combina a escultura coa cantería.
Aexposición conxunta de pintura e escultura podese visitar no Centro Comarcal do Salnés ata o vindeiro 15 de decembro.
Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés
Paseo da Calzada s/n
36630 Cambados (Pontevedra)
Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12
Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

Ningún comentario:
Publicar un comentario