No día de onte varios pais do colexio Magariños sito na Avda de Vilariño de Cambados, vironse sorprendidos toda vez que segundo lle contaron os seus fillos e algúns mestres non habia gasoil na caldeira. A dirección puxo mans a obra e esperemos a que a estas alturas o prbolema xa estea solucionado, pois acheganse uns dias de bastante frio e non e cousa de que nenos de 7 e 8 anos carezan deste elemental servizo. Unha falta de previsión por parte das autoridades correspondentes, non asi do Centro quen se interesou en todo momento de conseguir o combustible. Moitos cartos para campos de futbol, pero os nenos non poden estar sen calefación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario