28 de nov. de 2010

O CONCELLO CAMBADOS SOLICITA UN PUNTO DE ENCONTRO PARA PARELLAS ROTAS

ESTA SOLICITUDE XA FORMULOU XAQUIN CHARLIN COMO DELGADO SINDICAL DA CIG, FAI CINCO ANOS.
DAQUELA O GOBERNO POPULAR TACHOUNA DE ABSURDA.
Documento gráfico da reunión celebrada
fai cinco anos na que Charlin solicitou
un Punto de encontro para o Salnés.(Na foto
falta a Xuiz Decana e o representante do
BNG que ainda non chegaran).
O Concello considera que estes espazos evitarían episodios de tensión na recollida dos fillos, mais non sabe o Concello que xa hai un punto de encontro para a zona de Pontevedra norte que está situado na capital pontevedresa concretamente chámase Centro Aloumiño. Xa fai cinco anos nunha xuntanza a que acudiran varios representes politicos e os delegados de avogados e procuradores, estaba invitado o Concello de Cambados pero non quiso asistir, nos edificios do Xulgado de Cambados e auspiciada polo sindicalista nacionalista cambadés , Xaquin Charlín se propuxeran , entre outros,  dous temas primordias un deles foi a creación do cuarto xulgado para Cambados, que xa se consigueu e outro fora a creación dun Punto de Encontro para o Salnés pera que Xunta popular gobernante na época desgoutou a idea porque lle parecia absurda, habendo xa un punto de encontro en Pontevedra, a ver si agora que o propón o Concello de Cambados non lle parece tan absurda.
A Mesa Local de Violencia de Xénero do Concello de Cambados, na súa terceira reunión, sen invitar os voceiros da oposición, considerou que sería moi positivo poder contar na comarca do Salnés cun punto de encontro para a entrega e recollida dos fillos de parellas separadas e sometidas a un proceso xudicial por malos tratos. Mais vale tarde que nunca.

Ningún comentario: