O cambadés Laureano Oubiña Piñeiro, coa sorna que o caracteriza dirixiu unha carta ao xuíz que lle investigou, Baltasar Garzón, para "solidarizarse" con el polos "problemas xudiciais" aos que se enfronta o maxistrado. A misiva tamén contén unha oferta de traballo para Garzón no caso de que deixe a xudicatura. Oubiña pensa que podería ser un bo avogado defensor para el, xa que coñece as causas polas que foi condenado.
Ademais, a carta relata os litixios penais que ocupan ao cambadés, e dos que culpa ao xuíz Gómez Bermúdez. Deste último afirma que "despois do xuízo do 11-M está moi subidito á parra", aínda que non lle augura que o seu bo momento vaia durar moito: "Estrelas máis grandes e brillantes caeron, aos feitos remítome".
Laureano Oubiña Piñeiro é un dos máis famosos presos españois e na súa terra natal ten fama entre outras cousas de usar moito a “retranca galega”. Laureano Naceu en Cambados, en 1946 e actualmente atópase recluído, residindo dende fai moitos anos en Vilagarcia de Arousa.
Publicado na páxina web La Voz Libre.

Ningún comentario:
Publicar un comentario