28 de nov. de 2010

O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA, MANOLO PAZ ESTIVO ARROUPADO POR TODO CAMBADOS.

NOVAMENTE O CONCELLO DEIXA FORA DO ACTO A OPOSICIÓN QUE ACUDIU A TITULO PERSONAL.
A comisión de protocolo do Concello de Cambados volveu
a deixar fora do evento os veceiros municipais
da oposición.
Unhas trescentas persoas abarrotaron onte o auditorio da Xuventude (Cambados) para presenciar "Un mar de pedra", un documental sobre o escultor Manolo Paz. O audiovisual está dirixido por Manu Paz “fillo do artista” e Xacobe Sanmartín,e repasa tres anos da vida de Paz, desde que extrae a pedra nunha canteira ata que inaugura unha exposición cos traballos xa concluídos nunha galería de Santiago.
Manolo Paz é o indiscutible protagonista deste documental, pero non o único, xa que durante os 67 minutos de filmación tamén aparecen varios amigos e familiares seus, así como outros artistas da talla de Paco Leiro, Antón Llamazares ou Lino Silva. O público cambadés respondeu masivamente a este espectáculo audiovisual, co que se implicou o Concello de Cambados. Entrañabel a escena dos seus pais e dos seus amigos no Bar Silva.
Este traballo de Manu Paz e Xacobe Sanmartín xa cultivou numerosos aplausos nos festivais documentais de Tui e Ourense.
Coma sempre o Concello de Cambados, non aprende e non invitou o acto os voceiros municipais, quenes acudiron o evento a titulo personal, cando aprenderán Aragunde e os seus e non ser tan egoistas e aproveitados.
Manolo estivo arroupado pola súa familia, os seus amigos e distintos colectivos cambadeses entre eles, obviamente, varios representantes de Unha Grande Chea.
Nova extraída do Faro de Vigo.

Ningún comentario: