28 de nov. de 2010

YAYO DAPORTA RENOVA POR CUARTO ANO CONSECUTIVO A SUA ESTRELA MICHELIN

O cociñeiro de Cambados Yayo Daporta acaba de renovar por cuarto ano a súa Estrela Michelín, un dos recoñecementos máis importantes do mundo no sector da restauración. Daporta entende que a renovación do galardón significa que "seguimos facendo as cousas á altura das expectativas". Moi satisfeito por seguir un ano máis na cima da cociña galega, Yayo Daporta engade que "o restaurante foise consolidando no panorama gastronómico nacional".
Yayo Daporta é un dos cociñeiros máis novos de cantos posúen a Estrela Michelín. Ten 34 anos e abriu o seu local en 2005 na rúa Hospital de Cambados, xusto encima do negocio tamén familiar “Café Continental”•, logrando a primeira Estrela ao ano seguinte. O chef tamén se mostra alegre polo feito de que en Galicia haxa nove establecementos coa Estrela "cando fai uns dez anos só había dous". Na súa opinión, a restauración galega "ten un potencial altísimo". "Aínda que agora téñena nove restaurantes, hai outros 10 ou 15 que poderían conseguila en calquera momento".

Ningún comentario: