4 de nov. de 2010

O AUDITORIO DE CAMBADOS AINDA LLE QUEDA PENDENTE A SUA PRINCIPAL DEFICIENCIA: A SITUACIÓN DAS BUTACAS

O auditorio estrea nova iluminación escénica co programa cultural de outono, 1xa era hora!
O aire acondicionado xa ambientou a primeira sesión de teatro
O público que se dou cita o pasado domingo na primeira sesión de teatro da programación de outono, superando a metade do aforo no auditorio municipal da Xuventude, estreou o flamante aire acondicionado que serviu para facer a sala máis confortable mellorando a temperatura ambiente, xa era hora co tempo que leva inaugurado o Auditorio.
A nova iluminación do escenario tamén se atopa xa en perfectas condicións para ser utilizada cando o espectáculo así o requira, unha vez rematadas as obras que permitiron mellorar e potenciar as condicións técnicas lumínicas deste centro cultural, cun investimento superior ós 30.000 euros. Moito dos espectaculos que habia na sala pardian moito pola falta de luz.
A posta en funcionamento da iluminación podería producirse durante algunha das representacións teatrais programadas neste ciclo, ou talvez na gala do vindeiro sábado a beneficio da asociación Por Dereito, ou mesmo coincidindo co festival internacional de jazz En Ruta 2010, que se vai celebrar na fin de semana do 12 ó 14 de novembro.
Este auditorio noso que naceu con tantas carencias , ainda lle queda correxir unha das maís importantes a defectuosa colocación das butacas, estan mal diseñadas é urgente unha división cun pasillo central ou outra solución, xa que a veces moita xente queda de pe por non molestar a os que están sentados quedando moitos asentos vacios polo centro.
Texto extraido de http://www.cambados.es/  

Ningún comentario: