4 de nov. de 2010

SEGUE O VOLEI, SEGUE O XAV

VINDEIROS ENCONTROS:
2ª División A

CD Conxo -XAV Cambados  07/11/2010 12:00 O Restollal
Liga Galega Xuvenil
Turismo de Vigo Caixanova - XAV Cambados  06/11/2010 12:30 PM de Teis
Liga Galega Cadete
Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova A -XAV Cambados 06/11/2010 14:00 P. Mun. de Teis
Liga Galega Infantil
Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova -XAV Cambados A 06/11/2010 12:30 Municipal de Teis
PRIMEIRA XORNADA:
LGIF XAV 3 - 0 Comercial Durán 25-9/28-26/25-18

Prometedor comenzo das infantís, a maioría delas debutantes na categoría. Sorprendéronnos cun primeiro set xogado con moito aplomo, machacando ás rivais pontevedresas. Tiveron algo de sorte para solventar o segundo set e o terceiro foi case coser e cantar. Ben feito!
LGCF XAV Descansa.
A última hora do xoves chegounos a nova da retirada do IES AMES da competición. O venres aclaráronnos que tamén había modificacións no calendario: o Liceo La Paz intercambia o calendario co retirado Ames de maneira que o XAV pasaba a comenzala Liga coa xornada de descanso (só quedan nove equipos). Debutan este fin de semana en Vigo.
LGXF XAV 3 - 0 Comercial Durán 25-15/25-16/25-16
O comenzo das xuvenís, con moitos reforzos do equipo cadete, foi tamén concluínte. As pontevedresas non tiveron a mínima oportunidade de facerse co partido. O guión foi o mesmo no tres sets; tras un comenzo igualado, á metade de set, as nosas xogadoras conseguiron enfiar varios turnos de bos saques seguidos de maneira que se destacaron sólidamente conseguindo unha valiosa victoria.
2ª A XAV 1 - 3 Comercial Durán 23-25/25-23/18-25/22-25
O marcador do partido reflexa unha tremenda igualdade no marcador excepto no terceiro set, onde as pontevedresas dominaron contundentemente. Cun pouquiño de sorte e máis precisión na recepción o resultado podería ser completamente distinto.
http://www.xavcambados.blogspot.com/

Ningún comentario: