13 de nov. de 2010

O PSG-PSOE DE CAMBADOS PROPÓN A INSTALACIÓN DUNHA ESCULTURA DE ASOREY NA PRAZA QUE LEVA O SEU NOME

No derradeiro boletín publicado por lo PSG-PSOE de Cambados e que podes ver premendo AQUÍ, entre as propostas que contemplan para o ano 2011, ano do escultor Francisco Asorey é a instalación dunha escultura que represente o noso artista e que se instale na praza que leva o seu nome en Fefiñans ollando para a "Naiciña" alí instalada. Ademais solicitan se celebre unha gran exposición que traia as mellores obras de Asorey ó noso pobo e por último unha publicación sobre a vida e obra e que se reparta gratuitamente por todas as casas de Cambados.

Ningún comentario: