15 de nov. de 2010

ENTREVISTA EN GALICIA HOXE A RAMÓN CARIDE

 “SÓ MORRE O IDIOMA QUE SE DEIXA MATAR. A GUERRA NON A TEMOS PERDIDA”
Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957)e cambadés de adopción é autor dunha extensa obra literaria, con máis de corenta libros individuais e múltiples colaboracións. A súa narrativa, recoñecida pola crítica e os lectores, conta con novelas tan destacadas como a triloxía De sombras e de lume, integrada por Soños eléctricos (Premio Blanco Amor, 1992), Sarou (Premio Café Dublín, 1997) e O Sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica, 2003); ou a histórica O frío azul (Premio Lueiro Rei, 2007). Como autor de relatos publicou, entre outros, os volumes: Dedre (2004), Boca da noite (2004), Escáner (2002), A incerteza dos paraísos (2000) ou Lumefrío (1994) .
Na súa produción infantil e xuvenil, aparecen títulos como Xan Farrapeiro (2009), Bertiño Rompetodo (2008), O bastón dos desexos (2008), O tareco de Sara e Do A ao Z con Ramón Cabanillas (2010), O cabo da serpe (2004) ou a peza teatral Historia dunha sobreira (2001); destacando a serie As aventuras de Said e Sheila, ilustrada por Miguelanxo Prado, iniciada con Perigo vexetal (Premio Merlín, 1995), e culminada con A negrura do mar (Premio Frei Martín Sarmiento 2006).
Varias destas obras foron traducidas e publicadas en castelán, portugués, francés, éuscaro e outros idiomas. Perigo vexetal totaliza ata agora vinte edicións en tres idiomas. Unha escolla da súa actividade xornalística, recóllese na escolma O gume dos espellos (2010), de recente publicación.
Podes ler toda a entrevista premendo AQUI.

Ningún comentario: