16 de nov. de 2010

O ZUNIDA SEDA

Volveu o verán gatuñando a ameixeira, cando o zunido das abellas deixaba esferas de sol e polpa nos meus beizos, destilaba a canícula de agosto, naquela andia de pólas o vento ficaba, o tempo fitaba lonxano a pouco da terra, entre a follaxe e o mel loiro o voo de bris das abellas aguilloaba o pulso e a lingua, deixaba a picada das mamilas das musas, e nas saborosas celas derretíanse os rescaldos do ouro no padal, fumegaban inda os incendios forestais da consciencia, o lume fluía polo celme da cera, na flor do niño de xilgaros prendían as claudias no amarelo, bico a bico os humores do corpo eran do néctar das sedas e os desertos

P.D.- Por veces, no verán, gabeaba pola claudieira do pazo de torrado, que estaba onde agora xogan os nenos, daba unhas ameixas grandes doces, amarelas...esta é a lembranza daquel tempo de "estar na ponla", benqueridos amigos.
Xosé Maria Vila Ribadomar.

MÁIS CULTURA
Mañá 17 de novembro ás 17.30 horas, programa de animación a lectura "Letras Vivas" coa sesión de contacontos "Fábulas" pola compañia Trinke Trinke na Biblioteca Municipal ata completar o aforo.

UN MAR DE PEDRA
Exhibese os seguintes días en Santiago:
20 de novembro , 18:30; 25 de novembro , 20:15; 28 de novembro , 18:30.
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n. 15704, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 546 629
Entrada libre ata completar aforo.

Ningún comentario: