17 de nov. de 2010

UNHA GRANDE CHEA INVITADA A ENTREGA DOS PREMIOS PROVINCIAIS DE CULTURA

A nosa Aosciación foi invitada pola Deputación de Pontevedra a entrega dos Premios Pronviais de Cultura que van ter lugar o vindeiro venres as 19.30 horas no Pazo da Deputación, os premiados este ano son:
1.- Proxecto Cultural máis Innovador/ Vangardista 6.000,00€
Fundación Igual Arte Pola súa labor levada a cabo no ámbito artístico e cultural con persoas con necesidades educativas especiais. Traballando unha formación integral, utiizando as tres áreas como expresión artística e cultural (música, expresión plástica e corporal) Este programa pioneiro en Galicia , atende a máis de 100 familias da provincia de Pontevedra.
2.- Traxectoria Cultural 6.000,00€
Fundación Camino de Santiago Polo seu traballo e colaboración na difusión revitalización, recuperación, sostemento e promoción do Camiño Portugués a Santiago, limpando o camiño, señalizandoo. Construindo un albergue de Peregrinos na cidade de Pontevedra, que está atendido por voluntarios e voluntarias. Conta con máis de 1.000 socios, que percorren cada ano o Camiño Portugúes.
3.-Premio César Dios “Diosiño” 6.000,00€
Saturno Luis Valdés González “ A título póstumo” Por ser un gran valedor da cultura , sobre todo no eido musical, creando o Círculo Musical de Lalín no ano 1985, e dirixindo o Conservatorio de Música. Ten como prioridade difundir e dignificar a música das bandas polo que traballa sen descanso na creación e mantemento da Escola de Música, na que participan centos de nenos de toda a comarca.
4.- Á Protección ou Recuperación do Patrimonio Público 6.000,00€
Concello de Mondariz-Balneario Polo mentemento e revitalización do conxunto histórico. Pola recuperación dos núcleos que é un exemplo pioneiro en España. Por ser un dos concellos que máis apostaron polo termalismo, recuperando todo o esplendor da vila de Mondariz. Nunha palabra creando vida para o pobo.

MAIS CULTURA EN CAMBADOS
Mañá 18 de novembro inicio do curso de Informática  para adultos no Centro Multiusos da  Merced que durará ata o 16 de Decembro, para máis información dirxirse a Oficina de Información  Xuvenil (Omix Tlf. 986542663.

Ningún comentario: