![]() |
| Juan Maceira, protagonista dunha das exposicións. |
O Departamento de Ciencias do I.E.S. Asorey de Cambados, ten previsto organizar a partires do vindeiro luns a "SEMANA DA CIENCIA -2010 ANO DE BIODIVERSIDADE", esta semana incluirá exposicións tales como "Biodiversidade, datos e curiosidades", "Cunchas, colección malacolóxica de Juan Maceira", "Biodiversidade no centro, quen vive aquí?" e "Libros e traballos sobre os seres vivos". Tamén contará con obradoiros tales como "Artrópodos, o mellor exemplo de biodiversidade" e "A máxia da química" e por último tamén se proxectarán duas peliculas: "Os animais son boa xente" e "Océano". Todos estos actos son de entrada libre e gratuíta e terán lugar no propio centro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario