13 de nov. de 2010

UNHA MADRE SUPERIORA MOI PERMISIVA

O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, quixo render onte homenaxe á que durante os últimos anos ocupou o posto de nai superiora no asilo de Cambados. Sor Amparo Campos deixou de facerse cargo desta entidade para ser trasladada a Lugo.
Á unha do mediodía o rexedor, acompañado do tenente de alcalde Antonio Iglesias (non perden unha para sair na prensa) , desprazouse ao asilo de Cambados. Alí entregoulle un ramo de flores á que, ata hai só uns días, era a superiora deste servizo. Aragunde aproveitou a ocasión para agradecerlle todo o labor realizado durante os seus anos no municipio e para desexarlle o mellor en Lugo, onde trasladarase durante os próximos días.
No asilo de Cambados residen actualmente máis de setenta anciáns, que coidan as irmás dos Anciáns Desamparados e unha decena de traballadores que teñen contratados. Un labor que realizan de forma  altruísta, bueno en parte xa que a maioria dos vellos aporta a súa paga tanto contributiva como non contributiva así como os seus bens os que os teñen, altruista, o que si di altruista non é de todo.
Doutra banda durante no mandato desta madre superiora  , entre outras cousas,  e o mellor ela sen sabelo,    certos axentes electorais de certo partido politico levaban os vellos pola man a votar en cada comicio electoral, algúns non sabendo nin a donde ian. Esperemos que a futura madre superiora tome medidas o respecto.
Nova extraida da Voz de Galicia.

Ningún comentario: