5 de nov. de 2010

UNHA NOVA QUE NOS DEIXA "ANONADADOS"

Lemos sorprendidos na edición dixital do Correo Gallego: "O Concello pontevedrés de Cambados porá en marcha o próximo mes unha iniciativa integrada no seu programa de seguridade viaria dirixido á mocidade consistente na repartición de bonos de desconto para taxis nos locais de copas. O sarxento da Policía Local, Maximino Cid, explicou que estes bonos, por valor de cinco euros, serán repartidos por mozos voluntarios nos propios locais de lecer".
Ata aquí todo nos parecería normal senón fora que o Concello de Cambados en particular e a Xunta en xeral foron os que acordaron suprimir o "Noitebus". ¿Non lle sairá mais barato o autobús co taxi?. E despois disque hai crise. Os da "bandeira" debense estar frotando as mans.
Podes ler a nova do Correo Gallego premendo AQUÍ.

Ningún comentario: