8 de nov. de 2010

YAYO DAPORTA BATE A SÚA MARCA EN NOVA YORK

Yayo Daporta rebaixa en sete minutos a súa marca no maratón de Nova York
O "vento na cara" e a pendente cara ao Bronx restáronlle 2 minutos nos seus prognósticos
O cociñeiro cambadés Yayo Daporta superouse no maratón de Nova York ao mellorar en sete minutos a súa marca do pasado ano. Os 42 quilómetros da máis soada proba atlética cubriunos en só dúas horas, 47 minutos e 30 segundos, un tempo extraordinario se se ten en conta que o vencedor, o etíope Gebre Gebmariam, fíxoo en dúas horas e oito minutos, é dicir 39 minutos menos.
Pero o estrela Michelín non estaba do todo contento. "Non conseguín gañar a miña aposta que era cubrir a carreira en dúas horas e 45 minutos porque piquei na costa do Bronx", explicaba onte por teléfono, media hora logo de terminada a proba, a iso das 19,30 horas de España.
Con todo estaba satisfeito de participar de novo e coa ilusión de seguir preparándose nas pistas de Cambados para a edición do próximo ano.
Onte atopouse con obstáculos que non calculara cando se estaba preparando. O vento foi o seu principal adversario e o que lle fixo "picar" cando xa había percorrido 30 quilómetros, é dicir case dous terzos da proba.
Ese cansazo engadido fíxolle "sufrir" nos tres quilómetros de pendente que hai entre State Island e o Bronx, polo que perdeu eses dous minutos que lle fixeron gañar a aposta con soltura e mellorar o posto 300 que onte lle correspondeu entre os miles de participantes.
Por iso, Yayo Daporta debe estar máis que satisfeito dun resultado que lle coloca entre os mellores atletas do mundo, pero sobre todo de España.
A Nueva York acudiu acompañado por varios amigos, algúns atletas reputados, como Fabián Roncero que cunha marca de dúas horas e 31 minutos quedou no posto número 1 da clasificación. Roncero púxose como meta ser o vencedor na categoría de veteranos, de máis de 40 anos.
Pero ademais estivo acompañado por Joaquín Felipe e outros amigos que lle arrouparon nesta "misión imposible".
Yayo Daporta permanecerá en Nova York ata este xoves. Xusto ao día seguinte volverá a enfundarse a súa roupa deportiva para mellorar os seus tempos polo que con plena seguridade volverá apostar cos seus amigos outra plusmarca. Se volve restar 7 minutos atoparase entre os cen primeiros.Ninguén discute en Cambados que isto será así en novembro de 2011 cando consiga o seu outra estrela persoal.

Ningún comentario: