8 de nov. de 2010

FENOMENAL CONCERTO DE BANDAS ONTE EN CASTRELO

Peza de despedida interpretada pola Banda de Música de
Castrelo e o gaiteiro Xaquin Xesteira.

O público gozou da música das bandas de Ribadumia, Beade e Castrelo
O concerto celebrouse nas instalacións de Condes de Albarei
O público gozou na tarde de onte no XIX Festival de Bandas de Música Populares" que se celebrou nas instalacións das adegas de Condes de Albarei.
Participaron, nesta ocasión, as agrupacións de Ribadumia, Beade e Castrelo que ofreceron un amplo repertorio de música tradicional, co que encandearon ao numeroso auditorio.
As tres bandas teñen tras de si unha gran traxectoria e unha infinidade de premios. Son quizais as máis laureadas da provincia, por iso é polo que a súa actuación sexa solicitada por organismos e toda comisión de festas que se prece. Un programa de man poñianos o día da actividade das tres bandas participantes.
Ademais a súa importancia queda demostrada por ser o soporte dos novos músicos, non en balde todas elas contan coas súas propias escolas, que en definitiva van formar ás novas xeracións.
Quizá a máis recente é a Banda de Ribadumia, creada en 1998, pero que na actualidade está integrada por 40 membros, a maior parte da localidade pero tamén de Cambados, Vilagarcía, Vilanova e Sanxenxo. Está dirixida por José Manuel López de Vedra..
Luís González Amosa dirixiu á Banda Escola de Música de Beade, creada en 1985, e cuxa traxectoria está infestada de importantes premios en certames galegos e nacionais.
Pola súa banda, a anfitrioa Banda de Música de Castrelo é a de máis soleira con 120 anos ás súas costas, dirixida na actualidade por José Bugallo Senra.
A banda foi fundada en 1890 por Manuel Padín Sotelo e neste longo período de tempo formou nos seus atrís a máis de 2.000 músicos.
Obviamente, esta banda tivo ocasión de percorrer toda Galicia, asistindo a diferentes festas populares, concursos e festivais. Pero tamén tivo ocasión de participar en múltiples intercambios como o de Mazarrón (Murcia 1992), Aguias (Murcia 1995), Santana (Figueira dá Foz, 2004) e ultimamente coa Banda de Bottmingen (suíza 2007).
A destacar a presenza na banda de música de Castrelo do famoso gaiteiro Xaquin Xesteira, quen forma parte da mesma e quen nos delitou cunha Alborada a gaita que fixo a delicia dos ali presentes. O acto foi presentado pola director de Radio Lider Salnés, Susana Figueroa Acha.
Sen ánimo de criticar a organización, porque no fai ela sola senón en casi todos actos que se organizan no pobo, agás os que organiza o Club Juventud Cambados, e o fallo que teñen a hora de invitar as autoridades, parecenos moi ben que se invite o Alcalde e a Concelleira de Castrelo, pero que non nos parece tan lóxico  é que non se invite os portavoces municipais da oposición tanto do PSOE como do BNG, pero insisitmos este é unha omisión, non sabemos si voluntaria ou non, de case todas as asociacións do pobo cando organizan un acto institucional.
Podes ver na marxe dereita deste espazo máis fotos do evento.

Ningún comentario: