Onte a tarde tivo lugar a constitución do Consello Escolar do I.E.S. Ramón Cabanillas , e despois da mesma tratouse o segundo punto do orde do dia que era a remodelación da Torre da Homenaxe que linda co Instituto. A remodelación vai consistir basicamente en despexar un pouco o entorno da torre e construír unha especie de parque paseo ate o cuartel da Guarda Civil, por detrás do centro. O Alcalde prometeu tamén a construción dunha ponte cuberta entre o instituto e o salón de actos do centro. Por unanimidade aceptouse a remodelación, comezando as obras probablemente no mes de xaneiro vindeiro. Temos que dicir que polo tramo de pais electos tomou posesión o presidente da nosa entidade Chon, como membro do Consello Escolar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario