O próximo sábado día 4, a Coordinadora contra a Pousada da Lanzada vai facer entrega das sinaturas recollidas contra a construcion da Pousada no Sanatorio da Lanzada na Deputacion en Pontevedra. As persoas que queiran ir teñen que estar as 10 da mañan no Corgo, quen teña coche que o leve. Farán unha concentracion con pancarta diante da Deputacion. A Coordinadora non fai moito que fixo unha marcha con grande partipación de público e autoridades grovenses dende a Praza do Corgo ata o Sanatorio onde se leu un manifesto, ainda así o Presidente da Deputación de Ribadumia está a facer caso omiso a coordinadora. Por certo sabian que hai dez veces máis semáforos en Ribadumia que no Grove, e este último triplica en población os da veira do Umia. ¡Cousas de Louzán!

Ningún comentario:
Publicar un comentario