Abrirán as xornadas o Vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas. O vindeiro día 14 de Decembro na Casa Galega da Cultura de Vigo.
O presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, dará a lección inaugural.
Intervirán o profesor Gonzalo Navaza, a profesora Luz Méndez, o arqueólogo Xosé Lois Vilar e servirdor, que aproveitarei para presentar o segundo volume de TOPONIMIA DO VAL DO FRAGOSO, adicado desta vez á parroquia de Lavadores.
A concelleira Marta Souto e Lorena Carrasco presentarán o ambicioso e importante proxecto "MEU! Coñecéndonos. Descubríndonos".
Clausurará as xornadas o dia quince o cambadés Francisco Fernández Rei, vicesecretario da RAG.
O programa completo téndelo nesta ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario