9 de dec. de 2010

NOVAS DO DIA 09/12/2010

O RAPIDO DE VITE BATE RECORDS NO FUTBOL UNIVERSATRIO. A MAIORIA DOS SEUS COMPOÑENTES SON DE CAMBADOS. 

O Rápido de Vite é un equipo da liga universitaria de Santiago de Compostela fundado por estudantes de orixe cambadés. As ringleiras da escadra santiaguesa están formadas case na súa totalidade por xogadores que deron os seus primeiros pasos no fútbol base do Club Xuventude de Cambados. Nestes intres o Rápido de Vite lidera a terceira división universitaria, e conta os seus encontros por victorias.
Xogadores de Cambados: Miguel Mallo, Pablo Charlín, Ramón Gómez, Carlos Abal, Iago Costa, Eduardo Apariz , Raúl Fernández y Ángel García.


 
 
A PARELLA QUIQUE BARREIRO-BENI POMARES GAÑADORA DO CAMPIONATO DO SUBASTADO DO BAR GERMAN.  


Fotografia da final do campionato.

Doce parellas eran as que aspiraban o campionato de subastado  que dende fai máis de quince anos vense a celebrar anualmente no Bar German de Cambados organizado por Eduardo Dolado e os seus amigos. Despois dunhas disputadas partidas chegaron a final as parellas formadas por Pablo o de Lores e o Caramuxo , contra  a que a que formaban Quique Barreiro e Beni Pomares, os cales bateron por un rotundo 3-0 os outros finalistas. Por parte de Unha Grande chea participou a parella formada polos directivos da asociación José Maria e Chon, quen quedaron fora na primeira eliminatorio contra Fernando Pombo e Tino o do German. Os trofeos os campións serán entregados mañá venres no transcurso dunha cea que vai ter lugar nun coñecido restaurante da vila.

 
ENTREVISTA NO FARO DE VIGO Ó PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA

Xaquín Charlín González, “Chon”, naceu hai 53 anos no barrio de Triana. Compatibiliza o seu labor profesional como funcionario xudicial con diversas actividades públicas. Así, é directivo do Juventud de fútbol; voceiro no Salnés da plataforma Queremos Galego; delegado sindical da CIG na Xunta de Persoal de Xustiza en Pontevedra dende hai 16 anos; membro do consello escolar do instituto Ramón Cabanillas; colabora como actor na Escola Municipal de Teatro; e foi membro fundador de Unha Grande Chea. Preside esta entidade dende 2008, e este sábado estará presente no partido de fútbol entre dous equipos afeccionados, co que Unha Grande Chea pecha os actos de celebración do seu 25 aniversario. Os gañadores levarán un trofeo, deseñado en exclusiva por Antonio Chaves Aragunde. Podes ler a entrevista completa premendo AQUI. Ademáis podes ver a nova publicada no mesmo periódico fai dous dias sobre o trofeo premendo  AQUI.


TABUYO ACUSA A ARAGUNDE DE NON DAR EXPLICACIÓNS SOBRE AS COMPORTAS.  

O PSOE de Cambados ven de publicar unha extensa nota (que podes ler integramente premendo AQUÍ) na que amosa un dos informes elaborados polo Xefe de Sección técnica de Xestión de Dominio Público (que podes ver premendo AQUÍ) no que recomenda expresamente a elaboración dun estudio de impacto medioambiental. Os socialistas cambadeses , por medio do seu voceiro municipal Domingo Tabuyo non entende que o concello e o seu Alcalde non dean explicacións neste asunto.E seguen a dicir que a inexistencia de elaboración de informes e para non pillarse as mans.


 
 


DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE GALEGO
Galiza Nova impulsa un "documento de identidade galego" no que se "recoñece a nacionalidade galega" á que, segundo afirmou Iria Aboi, "toda persoa ten dereito". "Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade", e "non está recoñecida aos galegos a súa pertenza á nación".
Desde o vindeiro 6 de decembro, Día da Constitución, a posibilidade de facerse un DNI "simbólico" da "nación galega" para que todos aqueles cidadáns que queiran "poidan identificarse" dese xeito. Estará dispoñible na páxina www.dnigalego.com ou dende a propia de Galiza Nova, www.galizanova.org.
Galiza Nova "quere dar unha oportunidade aos galegos para que teñan ese dereito", aínda que sexa de forma "simbólica", pero "amparado" pola legalidade internacional. "É o primeiro carné galego que existe", proclamou Iria Aboi, quen explicou que se pode facer o documento de forma "rápida, gratuíta e sinxela".
O propósito é que os galegos "poidan ter ese carné, se identifiquen e se exerzan como galegos e mostren orgullosos a súa nacionalidade". Para obtelo, é suficiente con adherirse a unha declaración e cubrir os datos persoais e, posteriormente, imprimilo.

Ningún comentario: