Un ano despois de que se puxese á fronte da Policía Local de Cambados e tras un período de prácticas na Academia Galega de Seguridade, Maximino Cid Ferro tomará posesión hoxe como inspector xefe do corpo policial cambadés, unha praza pola que levaba máis de oito anos loitando e que conseguiu despois de que os xulgados désenlle a razón de forma reiterada, trala cabezoneria de Touris e logo Aragunde que no querian ver nin a sol nin a sombra.
Aínda que fai xa un ano que está á fronte da Policía Local, ata o momento estaba en funcións, á espera de realizar a formación que o acredita para tomar posesión da praza de inspector xefe. Cumpridos os trámites, hoxe fixose oficial o nomeamento, nun acto que tivo lugar ás 12.30 horas e que foi presidido polo alcalde, Luís Aragunde, quen llo ia decir a Luis despois de querelo afastar do concello de Cambados agora dalle posesión. Estiveron presentes no mesmo os xefes das policías locais da comarca e representantes da Garda Civil de Cambados. Que non estiveron invitados foron os portavoces da oposición coma sempre.
A pesar da longa polémica laboral, xudicial e ata política que se viviu en Cambados durante os oito anos nos que Cid Ferro reclamou a súa praza convencido de que lle correspondía por oposición, desde que fai un ano púxose á fronte da Policía Local, tanto el como Aragunde evitaron as vellas rifas e abriron unha nova etapa que se caracterizou pola apertura á sociedade do labor policial.
Maximino Cid Ferro, de 43 anos, levaba 22 como axente na Policía Local de Ourense, onde viviu ata que o ano pasado trasladouse a Cambados para facerse coa xefatura do corpo policial. A súa chegada coincidiu cun cambio na alcaldía, xa que non facía moito que Luís Aragunde substituíra a José Manuel Cores Tourís, o que permitiu abrir unha nova etapa nas relacións entre o aspirante a sarxento -agora inspecto xefe- e a alcaldía. Cid transformou a forma de traballar na Policia achegandoa a escola e os cidadans e foi un dos promotores principipais para que os nenos de Esperanza Salnes gañaran o premio da DGT de 8.000 euros.
EXPOSICIÓN DE LAXEIRO EN CAMBADOS
O pazo de Torrado, en Cambados, acolle desde hoxe unha exposición de Laxeiro, un dos artistas galegos máis importantes do século XX. A exposición forma parte da colección do museo municipal lalinense Ramón María Aller, e consta dun total de 34 obras. A mostra divídese en tres partes. Na primeira, entrando ao pazo, hai cadros de figuración e abstracción. A segunda parte está dedicada ao retrato, e componse de debuxos da primeira época de Laxeiro, na que retratou a familiares e amigos seus da comarca do Deza.
Na terceira parte da exposición do pazo de Torrado atópanse as pinturas abstractas. Trátase de cadros onde predominan as tonalidades escuras. No entanto, tamén hai pezas tipicamente "laxeirianas", como un cartel deseñado por el para a Festa do Cocido de Lalín.
O obxectivo da exposición é divulgar entre a sociedade a obra de Xosé Otero Abelenda, "Laxeiro", un dos pintores galegos máis importantes de todos os tempos. Os cadros que se poden ver estes días en Cambados son propiedade do Concello de Lalín, que os recibiu por expreso desexo do pintor.
O CONCELLO DE CAMBADOS PROHIBE ACTUACIÓNS MUSICAIS NAS TERRAZAS
Coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, a primeira ordenanza de terrazas do Concello de Cambados entra en vigor. Trátase dunha normativa coa que o concello pretende regular a instalación de mesas, cadeiras e toldos na vía pública. A ordenanza de Cambados estipula que todos os negocios hostaleiros deben pedir a licenza municipal antes de instalar a súa terraza, aínda no caso daqueles locais que estean en terreos de Portos de Galicia ou Costas do Estado. Sinala así mesmo que as instalacións "terán sempre natureza temporal e serán facilmente desmontables". Así, no articulado establécese que "en ningún caso poderanse colocar elementos fixos ou permanentes cuxa colocación ou desmonte requira a realización dalgunha obra especial, salvo os toldos".
A ordenanza de Cambados tampouco permite o peche lateral e da cuberta con elementos fixos, e indica que os separadores non poden exceder unha altura de 1,80 metros, e que han de ser diáfanos ou realizados con material transparente.
Os hostaleiros tampouco poden instalar xogos “como billares ou futbolines”, máquinas expendedoras ou barras e tamén queda "estritamente prohibida" a colocación de televisores, radios ou aparellos de música no exterior dos locais. Tampouco se poden celebrar espectáculos ou actuacións musicais nas terrazas, "salvo autorización municipal expresa" A ver como imos facer na de Juan Silva cando nas noites de verán el e a sua irman botan aquelas cancións na rúa.
A ordenanza “que non é de aplicación durante actos especiais, como feiras ou festas” permite transmitir a licenza a un terceiro, e contempla a supresión da terraza no caso de que o concello deba executar algún tipo de obra na rúa ou os servizos públicos existentes na zona. Nese caso, o hostaleiro non pode reclamar indemnización algunha, aínda que o Concello abonaralle de oficio "a parte do tributo que corresponda proporcionalmente á vez que non poida manter instalada a terraza".
As taxas oscilan entre os 23,06 euros ao ano por metro cadrado de terraza nas rúas de primeira “as máis céntricas do centro urbano” e os 12,21 euros anuais por metro cadrado que se aplican no rural. Outras obrigacións dos hostaleiros son comunicar o número exacto de mesas e cadeiras que se despregan na vía pública ou limpar a zona cada noite. As sancións oscilan entre os 750 e os 3.000 euros.



Ningún comentario:
Publicar un comentario