11 de dec. de 2010

NOVAS DO DIA 11/12/2010

AS 19.00 TROFEO 25 ANIVERSARIO DE UNHA GRANDE CHEA
Hoxe é o gran día as forzas dos dous equipos, Selección Pub Leria e Mártires da Troula (Selección de Unha Grande Chea e Bar German), vanse medir as 19 horas no Campo Municipal do Pombal. Para os Mártires da Troula é todo un reto, a maioría dos seus xogadores están a roldar os 50 anos, e algúns xa pasan esta idade, caso de Dominguez, Chopi e Chon, pero iso non vai ser óbice para que dean o do de peito. A verdade é que está dando moito que falar este encontro. Por parte de Mártires da troula están convocados os seguintes xogadores: Toño Meis, Manuel, Chon, Chopi, Tino, Apariz, Hervella, Rodiño, Richar, Javito, Toño Chaves, Ulloa, Felpeto, Nito, Carlos Choiva, Luís Somoza, Borja Botana, José Maria, e Manolo. O trofeo en disputa xa se fixo famoso nos medios de prensa, só faia saber cal é o gañador. Fiámonos totalmente do Colexiado do encontro Jacobo Dominguez, que aínda que é cliente fixo da Leria, non dubidamos da súa imparcialidade.

CATA NO CARAMUXOS BAR

O Caramuxos Bar é un deses establecementos que está a innovar cousas dentro do seu negocio e ca súa clientela, despois da cata gratuíta de viños que houbo xa neses mesmo establecemento para este fin de semana, concretamente para hoxe véñennos a propor a “Cata Gin Toni Blue” tamén por suposto gratuíta a partires das 23.30 horas, a están a animar mediante o seu facebook os cambadeses para que acudan en masa. O Caramuxos Bar está situado na Praza de Fefiñans e o obxectivo non é outro que o de atraer a clientela cambadesa, sobre todo nestes meses de inverno xa que no vran o sitio onde está e inmellorable.


HOXE TEATRO
Hoxe os que se queiran achegar o auditorio da Xuventude de Cambados ás 21 horas poden ver un gran espectáculo “La Reina y el Bufón”, unha obra recomendada para maiores de 16 anos e o prezo en taquilla é de 10 euros. É a primeira vez que no auditorio se cobra este prezo en taquilla, pero a compañía é profesional e hai que mitigar os gastos que conleva. Os que viron o espectáculo din que non vai defraudar a xente, agora que dado o seu prezo o mellor igual resta asistencia de público o evento. Este espectáculo forma parte do programa “Cambados cooltural”, que remata o vindeiro 27 de febreiro. Dicir de paso que mañá as 18 horas no mesmo Auditorio terá lugar o XII festival de Panxoliñas, organizado por Caritas-Cambados.

Ningún comentario: