13 de dec. de 2010

NOVAS DO DIA 13/12/2010

A VETERANÍA É UN GRADO, OS MÁRTIRES DA TROULA GOLEARON OS DA LERIA. (4-1).

Chon faille entrega a Domin do trofeo.
O sábado pasado as 19.30 horas tivo lugar Campo Municipal Pombal 2 de Cambados, un interesante encontro en disputa do Trofeo 25 Aniversario de Unha Grande Chea, creado polo artista Antonio Chaves Aragunde, entre os equipos “Mártires da Troula”, formado por integrantes da Peña do Bar Germán e membros de Unha Grande Chea, e por unha selección de clientes do Pub A Leria, os cales só tiñan que cumprir unha única condición non estar xogando en equipos federados. A priori os favoritos eran por suposto os da Leria quen daban o partido xa case gañado sen baixar do autobús, e quizais este exceso de confianza foi o que os perdeu, porque se atoparon cun equipo maior iso si, pero que sabia estar moi ben situado no campo con Richar mandando na defensa, Chopi (pai) no medio campo e Chopi (fillo) na dianteira. Así nos primeiros 25 minutos os “Mártires” xa tiñan a liña os Leirenses, cun 3 a 0 no marcador. Na segunda parte viñeron mais reforzos para a Leria coas notables entradas de Montenegro e Beni Pomares, que con Melo e Pepiño en menor medida fixeron pasar algúns apuros os “Mártires”, os cales souberon resolver con oficio e veteranía. En fin a veces a confianza hai que deixala na casa porque como dicia Molowny “No hay enemigo pequeño”. O partido desenvolveuse dentro das limites da deportividade e non houbo que contar ningunha lesión agás a de Apariz que nada mais saltar o campo “rompeu”, sendo unha baixa importante para os “mártires” na dianteira.
Polos Mártires da Troula, xogaron: Toño Meis, Chopi (pais), Luis, Tino Rodiño Chon, Manolo Leiro, Choi (fillo), Nito, tino, Oscar, Richar, Apariz, Borja, Javito, Rulo, Toñito, Hervella, Dominguez e Felpeto. Como adestrador estivo José María Daporta.
Polo Pub A Leria xogaron: Fergulo, Chechu, Lucas, Yayo, Carmelo, Potas, Maneiro, Pingui, Chata, Joaquin, Fariña, David Pildorilla, Perto, Ruben, Guillo, Montenegro, Beni Pomares e Pepiño. Como adestrador estivo Jacobo Dominguez.
Despois houbo cea no Hotel os Pazos de Cambados en onde por un módico prezo ceamos de marabilla, alí o Presidente de Unha Grande Chea, Chon, fíxolle entrega o capitán dos Mártires da Troula, Domin do prestixioso trofeo. Un día para non esquecer.
Podes ver unha ampla reportaxe fotográfica tanto do partido como da cea na fila da dereita.

PRESENTACIÓN EN CAMBADOS DO POEMARIO “CADERNOS DE PARÍS” DE DOMINGO TABUYO.
O vindeiro venres 17 de Decembro ás 19.30 horas o escritor e político Domingo Tabuyo da man da Editorial Follas Novas van proceder a presentación do poemario do poeta do Bierzo afincado en Cambados “Cadernos de París” van intervir no acto os escritores tamén afincados en Cambados Ramón Caride e Emilio Insua, así como o propio escritor, e procederase a lectura de poemas por parte de Isabel González Avión, do tamén poeta cambadés Xosé María Vila Ribadomar e da profesora Marité Aragunde Garcia. A cita vai ser nos locais de Exposalnés no Paseo da Calzada de Cambados.

XA PODES VER OS RESULTADOS DA ENQUISA EN www.cambados.tk  

Un dos aspectos que máis me chamou a atención da enquisa preelectoral que Cambados(tk) vén de publicar é o feito de que a pesar de que unha maioría aposta por un cambio político no Concello, tamén unha maioría rexeita que iso poida ser realidade nas eleccións de Maio.
Porque lembremos que non é esta unha enquisa aleatoria, senón que se trata dun inquérito realizado aos lectores dunha web que dista bastante de ser obxectiva. Demóstrase tamén a través da enquisa que o perfil do participante medio é moi semellante ao da liña editorial da web, de esquerdas e nacionalista.

HOMENAXE DE GOGUE A JHON LENNON

O noso caricaturista preferido e artista por excelencia o meco de ascendencia cambadesa Gogue, como non podía ser menos tamén aportou o seu graniño de area o homenaxe o inmortal e inigualable Jhon Lennon “ o mellor dos Beatles” que tivo lugar nestas datas, como só Gogue sabe facelo mediante unha das súas caricaturas mais maxistrais. A caricatura é sobre unha foto que o xenial artista sacou xunto a súa parella YokO Ono , o pe da estatua da Liberdade en Nova Yorke.

NOVAS QUEIXAS SOBRE O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Está vez no foro de http://www.cambados.tk/  un usuario da nosa biblioteca dicía o seguinte: Quería neste comentario deseguido expresar a miña incredulidade polo que leva acontecendo, estes últimos días, na Biblioteca Municipal de Cambados, de existencia preceptiva ó abeiro da Lei 7/85 de 2 de Abril nos Municipios de máis de 5000 habitantes. Lembrar que é un Patrimonio dos veciños de Cambados e non unha propiedade Privada na que cada un, senón fai mal a ninguén, pode facer o que lle pete.
Pois ben, os operarios do Concello ou no seu defecto a persoa que os dirixe ten que saberes que nunha instalación deste tipo se precisa silenzo, e acontece que se poñen nas súas horas de funcionamento coma tal, a facer traballos de mantemento xerando ruídos por doquier cando hai horas na que está pechada e non molestan a ninguén , propias, para este tipo de cuestións. Non é unha cuestión de ser un roñón, é de civismo, de respeto, de sentido común. "Working easy " .

PRECEDENTES DO RÁPIDO DE VITE

Xa un equipo que contaba nas súas filas con Iago Aragunde , Miguel Costa Buceta , Manuel Fariña González , Joaquin Angel Feijoo Martinez , Carmelo Galiñanes , Eulogio Romero , Javier Aragunde Sineiro todos eles de Cambados ademais de Xaquin Charlín Jr. Sentou precedente no fútbol universitario representando a Cambados dignamente e segundo nos contan, incluso estiveron a punto de ascender de categoría, a verdade que polo que se ve na foto o equipo era de armas tomar e de feitos algúns deles aínda continúan no servizo activo en equipos da campaniñas. Aproveitamos este artigo para dicir que este espazo non se pode dar conta de todo e agradecemos a xente que nos queira informar e nos informa de cousas para publicar profundamente, e para iso temos os nosos medios de cotacto que podedes ver neste espazo. Participade.

Ningún comentario: