Despois de 15 anos ininterrompidos participando na Liga Local de Fútbol Sala Feminino o Cambados F.S.F. este ano non se presentou para participar na liga local. Entre o traballo e os estudos o adestrador non podía contar cun número mínimo de xogadoras para participar. Pero de tódolos xeitos se para o ano se solucionan estas contrariedades, seguiran a participar na Liga local. O Cambados F.S.F. estaba a ser un referente dentro da liga local de fútbol sala, esperamos que para ano poidan participar novamente, ¡ánimo rapazas!

Ningún comentario:
Publicar un comentario