"PUB A LERIA" E "MARTIRES DA TROULA" DISPUTARAN O TROFEO
ESTE ESPAZO TAMÉN CUMPRE ESTE MES O SEU 5º ANIVERSARIO.
Este foi o ano do noso 25 aniversario como Asociación Cultural e Deportiva, un ano emotivo para nos por diversas razóns. Os actos máis importantes foron a exposición fotográfica "25 ANOS DE TROULA" que se inaugurou o 5 de febreiro e estivo durante quince días exposta no Café Continental de Cambados, con gran éxito de público (podes ver as fotos desta inauguración no marxe dereito), por certo esta exposición en principio estaba previsto celebrarse no Pazo de Torrado pero o alcalde Luís Aragunde negouse en redondo alegando que nesas datas estaba ocupado o Pazo, despois o tempo deunos a razón e o pazo estivo libre ata principios de marzo, unha vez máis decatámonos que non todos os cambadeses somos iguais para o noso Alcalde como el tanto presume. O venres día 12 e tamén no Café Continental de Cambados cun cheo absoluto, é mais no local acabaron a maioría das existencias, tivo lugar un gran concerto no que participaron “ALMACHINO”, “MANU CHO & LA DOMY SOUND SYSTEM” e a Banda de Gaitas de Unha Grande Chea. Logo no mes de maio participamos como colaboradores na organización do 7º Premio Ramón Cabanillas que este ano era para Miguel Anxo Fernández. Xa no mes de Xullo concretamente o día dez de xullo organizamos na horta do Pazo de Torrado, o III Serán Ramón Cabanillas tamén con grande éxito de participación e de público, na compaña do Club Xuventude de Cambados, logo viu a outra nosa grande festa o Albariño onde celebramos os xantares de rigor.
Para rematar os actos deste 25 aniversario , a nosa Asociación organiza o vindeiro 11 de Decembro ás 19 horas no Campo Municipal do Pombal o Trofeo 25 Aniversario de Unha Grande Chea entre os equipos "Pub A Leria"(selección de clientes do Pub) e "Martires da Troula"(Selección de Unha Grande Chea e a Peña fubolística de Casa German), ideado e feito por Antonio Chaves Aragunde, logo haberá a cea entrega de trofeos no Hotel Os Pazos de Cambados. Tamén este ano cumpre este espazo web o seu 5ª aniversario con máis de 208.000 entradas, sendo un dos espazos máis visitados de Cambados, todo un éxito para nos. Non sabemos o que nos depara o futuro o que si vos podemos dicir e que mentres se celebran as festas do Entroido e do Albariño o espírito de Unha Grande Chea, estará presente. Podes ver resumida a nosa historia en fotos no marxen dereito. Grazas a todos por todo.


Ningún comentario:
Publicar un comentario