29 de xan. de 2011

HOXE FALAMOS DE: "ATLETISMO CAMBADOS", ASEMBLEA DAS MARISCADORAS E TEATRO INFANTIL

DIA HISTORICO EN CAMBADOS: ONTE NACEU “ATLETISMO CAMBADOS”.
Tito Fariña Charlin, primeiro presidente de
"Atletismo Cambados"
Onte na Ribeira de Fefiñans tivo lugar un feito histórico na nosa vila, o nacemento dun novo club, concretamente o ATLETISMO CAMBADOS. Doce afeccionados a este deporte, outros tantos excusaron a súa asistencia por diversos motivos, deronse cita na famosa vinoteca para proceder a extender a acta fundacional deste club, de xeito únanime nomeouse presidente do mesmo a Tito Fariña, vicepresidente a Alfredo Oliveira, Tesoreiro a José Antonio Costa e Secretario a Borja Botana, ademais foron testemuñas presenciais, entre outros, deste nacemento José Luis Aragunde, Daviz Martinez, Montenegro, Pintado e Xaquin Charlin “Chon” Presidente de Unha Grande Chea. A presentación oficial do club será o vindeiro venres no Salón de Actos do Concello de Cambados as 12 do mediodia, probablmente baixo a presidencia do Alcalde Luis Aragunde e en aplicación do protocolo oficial imaxinamos que tamén serán invitados os voceiros da oposición Domingo Tabuyo e Victor Caamaño como así corresponde. Nunha vindeira asemblea tratarase o traballo a seguir e o traballo tamén coa base donde xa hai cinco rapaces anotados. Todos aqueles que teñan interés en formar parte deste club deben poñerse en contacto con Tito Fariña no seguinte correo titofarina@telefonica.net  ou chamando o telefono 607255000.


A CUPULA DO PARTIDO POPULAR REPRESENTADA POR BENITO PELEA E LUIS ARAGUNDE NON TIVO CREDIBILIDADE PERANTE AS MARISCADORAS
SEN LUZ NIN TAQUIFRAGOS. BENITO PELEA MANDOU ABANDONAR A SALA OS MEDIOS DE PRENSA ANTES DE EMPEZAR A ASEMBLEA.
IMCOMPRNSIBLEMENTE A PRESIDENTA DAS MARISCADORAS ABANDONOU A SALA O COMEZAR A QUENDA DE PREGUNTAS
Preto de 200 mariscadoras abarrotaban ás once da mañá de onte o local da confraría de Cambados. Foran convocadas polo patrón maior, Benito González, e polo alcalde de Cambados, Luis Aragunde, despois claro de que as mariscadoras presionaran por escrito e incluso con un plante, para explicarlles en detalle o proxecto que prevé a colocación de comportas na contorna do Saco de Fefiñáns. Se non fora pola presión das mariscadoras esta reunión non se teria levado a cabo. Pero nin os argumentos dos técnicos, nin os do presidente de Augas de Galicia, nin os do rexedor cambadés lograron convencer este colectivo para que aceptase o proxecto. Seguen desconfiando desta obra e esixen que antes de facer nada nesta contorna acométase o saneamento integral do Saco.
Supúñase que o encontro celebrado onte na confraría debía servir para convencer as mariscadoras das bondades da obra das comportas. Pero o colectivo estaba enfadado. E así llo fixo ver a todos os presentes. A súa principal queixa radicaba en que non llas informou do proxecto antes de sacalo a licitación e en que non se convocou unha asemblea para falar do tema, a pesar de que reuniran firmas para solicitar ese encontro. «Tiñades que ternos xuntado a todas antes, antes de que se nos quentaran as cabezas», explicou a primeira das mariscadoras en intervir na quenda de preguntas. «Queremos ver ou proxecto plasmado en papel e \ dereito a presentar alegacións», engadía outra. «En todo momento, estivemos excluídas deste proxecto», queixábase unha terceira.
De nada serviron as explicacións dun nervioso Aragunde e un prepotente Pelea e dos seis técnicos dos que se rodearon. Cada un ofreceu os seus argumentos e todos estiveron de acordo en que o impacto destes traballos será mínimo nesta zona, as suas explicacións parecia unha carreira para ver quen mais mentia e  prolongáronse durante case unha interminabel  hora, pero non lograron convencer a gran maioría das presentes. Ao finalizar as presentacións, as mariscadoras seguían enfadadas e esixían compromisos por escrito de que «se esta obra prexudica ao marisqueiro, alguén se vai facer responsable e terá que devolvela ao seu estado actual», pediu unha das presentes. O descontento entre as mariscadoras que quedaron ata a unha da tarde, cando se deu por finalizado o encontro, era moi claro. «Non estamos convencidas porque non aclararon nada», aseguraba unha á saída. «¿Cal é ou problema de esperar a que a zona estea saneada para poñer as comportas?», preguntábase outra, obviamente a presa está nas vindeiras eleccións locais. «Non quedamos nada convencidas», sentenciaba unha terceira. Ningunha, estaba de acordo co proxecto.

Maria Xosé Cacabelos
Especial protagonismo tivo a vicepresidenta das mariscadoras Maria Xosé Cacabelos quen explicou con datos e cifras o inoportuno das comportas senón hai antes un saneamento integral do Saco e un estudio de impacto medioambiental, en troques a Presidenta da Asociación nun xesto feo sin precedentes abandonou a sala o comezar as preguntas das mariscadoras.
Doutra banda dicir que non pudo haber luz e taquigrafos toda vez que Benito Pelea mandou abandonar a Sala a prensa presente, e o mais incomprensible e que ningún medio fixo constar esto nas suas crónicas. ¿Teme medo a prensa a Benito Pelea? Mais info premendo AQUI, AQUI, AQUI E AQUI.




TEATRO INFANTIL NO AUDITORIO:
Mañá domingo as 16 horas no auditorio da Xuventude Cambados, Ciclo de Teatro Infantil "Valentino Rufino e âkil pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can) "de Talía Teatro.
Talía Teatro pon en escena de 'Valentino Rufino e âkil pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can)', dirixida por Roberto Salgueiro e protagonizada por Dani Trillo e Diego Rey.
Esta farsa que respira da comedia da arte está ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes. Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia.



Ningún comentario: