31 de xan. de 2011

HOXE FALAMOS DE: CASTELAO E DIARIO DE AROUSA

UNHA GRANDE CHEA NO 125 ANIVERSARIO DE CASTELAO
Onte 30 de xaneiro era o 130 Aniversario do nacemento do pai do galeguismo moderno Daniel Alfonso Rodriguez Castelao. Con tal motivo foron moitas as persoas e colectivos que onte renderon homenaxe a noso insigne escritor. Un deses colectivos foi a nosa Asociación, Unha Grande Chea, quen por medio do seu presidente Xaquin Charlin “Chon”, fixo unha ofrenda floral na tumba do autor en Santo Domingos de Bonaval. Da biblia do Galeguismo extraemos o seguinte paragrafo: “Poden os intelectuaes casteláns enorgullecérense  pola hexemonía oficial e poden citarnos aos cofrades galegos que somentes usan a lingua de Estado; pero non poden decir que o seu idioma matou os demais idiomas hespañoes, porque aínda siguen vivos na boca do pobo, que é quen crea o sostén as linguas. Así eu digo que a nosa lingua rústica vive porque aínda temos moito que decir nela”.

DIARIO DE AROUSA DALLE A RAZÓN A UNHA GRANDE CHEA
Dende este espazo web vimos decindo fai tempo que Benito Pelea está facendo politica a prol do PP dende fai varios anos e o que é mais grave dende a Confraria da que vive fai varios anos, este feito sempre o negou obviamente o resposabel do mesmo e defendiase atacando sempre a Maria Xosé Cacabelos acusando de facer politica, pero habia unha diferencia sustancial entre Pelea e Maria Xosé , que o primeiro como dixemos antes vive a corpo de rei a conta da Confraria, Porto de Vilagarcia e Presidente das Confrarias Galegas a donde chegou da man do PP, namentres que Maria Xosé vive do seu traballo como mariscadora o que defenda a capa e espada. Na Edición de Onte do Diario de Arousa, un periodico que non é sospeitoso de ser de esquerdas, confirma que un dos grandes fichaxes do PP cara a nova lista a presentar nas vindeiras eleccións municipais é Benito Pelea. De confirmarse este dato como parece seria a unica persona da historia de democracia en Cambados que foi en dúas listas tan dispares como o BNG e o PP. Eso chámase “Cambiar de Chaqueta”, aquí e en Lima. O día 28 de Decembro este espazo publicaba unha inocentada na que se daban os seis primeiros postos do PP e un deles era Benito Pelea, vamos a ter que meternos futurologos. En http://www.cambados.tk/  tamén falaban do tema e dician textualmente: “Aínda que non creo que os populares lle poñan as cousas tan fáciles á oposición, desde logo se é así a súa presenza na lista explicaría moitas cousas, especialmente todo o tema das comportas no Saco e o escurantismo practicado pola súa institución en sintonía co PP.” Referíndose a Benito Pelea.

Ningún comentario: