2 de feb. de 2011

"IR DESEMPOLVANDO OS DISFRACES QUE VEN AHÍ O ENTROIDO"

DOBRE SUBCAMPEONATO DA CAMBADESA ARACELI BUGALLO NO V TORNEO COMPOSTELA ESGRIMA
O oleirense Manel Villadóniga adxudícase o Ranking Nacional de veteranos.
Esgrimistas procedentes de toda España e de Portugal, reuníronse o sábado no pavillón compostelán de Pontepedriña para competir no V Torneo Compostela Esgrima - Ranking Galego de Espada.
Un total de 86 tiradores, en categoría absoluta masculina comezaron a fase grupos e, tras as correspondentes eliminatorias, impúxose o portugués Lou- renço Vasco (do club CESA). Hai que destacar o sexto posto do oleirense Manel Villadóniga (100tolos) ou o sétimo do vigués Carlos Silva (Oliveira). O mellor compostelán foi Antonio V. Cortiza, que terminou en en decimosegunda posición.
En canto á participación feminina, impúxose a madrileña Elena Damas (do club Cardeal Cisneros), que derrotou na final ao cambadesa Araceli Bugallo, do club Compostela Esgrima.
Pero Bugallo obtiña outro subcampeonato, nesta ocasión do ranquin nacional de veteranos de espada, que obtivo o domingo tras caer na final ante a esgrimistas mallorquina Paulina Close.
Neste ranquin de veteranos de espada, pero no cadro masculino, Manel Villadóniga vencía na final a Álvaro Calderón (club Cardeal Cisneros) e en florete tamén vencía na final a Isidro Mariño.

504 VOLVE A CARGA. O CAMBADÉS PEICH ABANDONA A FORMACIÓN.
504 volve á carga con dous temas repletos de significado. Tras a boa acollida do seu anterior traballo, volven máis contundentes que nunca, demostrando que, nesta carreira de fondo, están en plena forma. Este novo traballo serve de nexo de unión entre o seu último disco, "504 LP" e o seguinte, o cal, xa están preparando. Ademais, tristemente comunicannos que Peich abandona a formación, polo cal, queren que estes dous temas sirvan de homenaxe para el.
Visita a súa páxina web e descarga Fondo e Forma de forma gratuíta
Información:Gravado en xuño de 2010 en EDISCO, A Estrada (Galicia). Mesturado en novembro de 2010 por Yves Sombolay en TheSoundtrackteam, Madrid. Masterizado en xaneiro de 2011 por Arturo Vaqueiro en e Jahel Piñeiro en Abrigueiro Estudos, Lugo (Galicia). Deseño por Glock D e Fabio Cundines
Tracklist: 1. Fondo 2. Forma 3. Fondo (instrumental) 4. Forma (instrumental)



CONCURSO DE FOTOGRAFIA DA ADEGA DON OLEGARIO
A Adega Don Olegario covidavos no seu facebook que podedes localizar na barra poñendo “BODEGAS Y VIÑEDOS DON OLEGARIO S.L” a un concurso de fotografía na cal ten que sair obrigatoriamente unha botella da súa adega. As fotos máis orixinais e máis votadas serán agasalladas cunha caixa de viño. A foto que ilustra esta nova é de exemplo e non entra en concurso. Esta adega caracterizouse por facer concertos no vrán as cales tiveron moito éxito.
SEMANA DA EDUCACIÓN ESPECIAL
Os nenos con necesidades especiais non están enfermos, non son brutos. Eles só queren o que todos queren: ser aceptados. Podo facer unha petición? Hai alguén disposto a publicar isto e deixalo no seu muro (DO FACEBOOK) polo menos unha hora? É a semana de Educación Especial e isto é en honra de todos os nenos que naceron dun xeito único.
Petición feita por Marcos Escudeiro Vieites.


 
O GRUPO “PALAS DE XUGA” CHAMA A UNHA REUNIÓN PESPECIAL
O grupo “Palas de Xuga” ven de chamar a unha reunión urxente para fixar definitivamente destino e datas, do que se está a convertir xa un clasíco a enfrontamente entre a Selección de Cambados en pais extranxeiro. A reunión será o vindeiro Sábado 5 de febreiro 20:30 na parte de arriba do Brothers.
Piden Por favor que acudan , en caso contrario a viaxe corre perigo de suspensión.

GRAN FESTA FIN DE TEMPADA ORGANIZADA POR XURDIR ASOCIACIÓN XUVENIL
O vindeiro sábado 5 de febreiro no Hotel Cafeteria Cruceiro de Castrelo terá lugar unha grande festa fin de tempada, a partires das 12 da noite e ata altas horas da madrugada, haberá música dos 70, 80 e 90, comercial, merengue, salsa, tamén haberá música a cargo de DJ Tomy a percusión de M. Bateras. Tamén haberá moitas sorpresas, esperan a vosa asitencia para ter un ambiente moi agradabel.

Ningún comentario: