O PARLAMENTO APOIA A DECLARACIÓN DE 2011 COMO ANO ASOREY
Os tres grupos da Comisión 4ª acordaron este mércores apoiar a declaración de 2011 como Ano Asorey, en conmemoración do 50 aniversario do falecemento do escultor cambadés, á vez que reclamaron á Xunta que achegue fondos para a programación e solicite financiamento do Ministerio de Cultura.
Así o acordaron tras o debate dunha iniciativa dobre defendida por un deputado , unha deputada popular e a nacionalista Ana Pantón a instancia de Victor Caamaño, na que se recordaba como o concello pontevedrés de Cambados, localidade natal do escultor, declarou este 2011 como Ano Asorey e programou unha serie de iniciativas para a difusión da súa figura.
Neste sentido, o deputado socialista, que eloxiou o traballo do "ilustrísimo galego", viu na iniciativa de Cambados unha boa ocasión para "mostrar o apoio das institucións galegas" á figura do escultor.
Pola súa banda, a deputada popular sinalou que as accións de difusión da vida e obra de Francisco Asorey non se circunscribirán só ha Galicia, e manifestou a intención de estendelas a España e, ata, Hispanoamérica, onde o escultor desenvolveu parte do seu traballo.
Pola súa banda, a nacionalista Ana Pontón enmendou a Proposición non de Lei instando á Xunta de Galicia a que "tome a iniciativa" e "estenda" a toda a Comunidade as conmemoracións do artista á vez que achegue fondos, dado que a Administración autonómica "non debe ser un espectador".
Os tres grupos, que finalmentetrtansaccionaron as súas posturas, acordaron apoiar a declaración do Ano Asorey e reclamar á Xunta que asuma tamén este apoio e déalle un carácter galego". Ao mesmo tempo, pediron o apoio económico e a captación de fondos do Ministerio de Cultura para esta efeméride.
GOZA COA TÚA LINGUA - BICADA POLO GALEGO!
A Mesa Pola Normalización Linguística, ven de promover unha iniciativa moi orixinal, concretamente que o vindeiro dia 14 de xaneiro ás 17 horas e na Praza do Toural de Santiago de Compostela todos manifestemos o noso amor polo galego no Dia dos Namorados a xeito de bicada lúdico reivindicativa na defensa do noso idioma. Nos coidamos que esa iniciativa debía de trasladarse a todas as prazas principais dos pobos de Arousa.
ALERTA "TAQUILLAS" CENTROS COMERCIAIS
Non se vos ocorra deixar nada nas "taquillas" que hai nas entradas do Eroski, Mercadona, Froiz e Gadis. Hai varios “artistas” que se dedican a meter unha moeda na "taquilla", pechala e levarse a chave. Ata aquí non hai nada raro pero ¿Qué fan coa chave? Fan unha copia volvéndoa outra vez a "taquilla" deixando o orixinal na pechadura para recoller a súa moeda. Cando alguén deposita bolsas doutra tenda ou calquer outra cousa que leven na mesma "taquilla" e van o Centro a mercar, xa vos imaxinades o que pasa despois. O artista abre tranquilamente a "taquilla" coa súa copia da chave e lévase o que haxa dentro, máis doado, imposible.
RAMÓN NOGUEIRA , AGASALLANOS CUNHA POESIA XENIAL
Oh Poesía, miña vida.
…e sen lugar a dúbidas, sen apenas coñecemento de causa
todos, nós, nos decatamos
as estrelas están soterradas baixo a terra que seres viles e ruíns disfrutan!
Onde está a beleza?
Cara onde se foi a poesía?
Deixemos correr a voz, que camiñe libre canda o vento!
Oh meu Deus alá ao lonxe! Oh meus versos!
A miña vida!
Onde se celebrou o pasamento dos meus soles?
Cara onde me dirixo eu?
Malditos os versos que me acollan
afogando no esterco de paixóns incontroladas
Des-feitos carne, insumiso a eles/min mesmo.
Cando sexa que queira o meu Deus ten a palabra.
A miña voz, canalizada.
Vento, estrelas, auga, sal! valédeme
Non son quen de coñecer os sons
nin o tacto das estrelas…
Cara onde se dirixen todos, nós…?
Cara onde é que camiña o ser humano?
Cara onde camiña ese ser, rastreiro e canalla…?
SI, compañeiros…
Agochémonos entre os versos
e deixémonos ir…
PATRIMONIO AGACHA OS CABLES EN FEFIÑANS, CANDO AGACHARÁ OS COCHES
![]() |
Cambados está a esperar que o "Mago Jordini", faga desaparecer os coches da praza de Fefiñans. |
Patrimonio estuda a retirada dun transformador que existe xunto á Torre dá Homenaxe.
O conxunto histórico da Praza de Fefiñáns, en Cambados, vai poder ser contemplado na súa integridade unha vez que culmine o proxecto de retirada do cableado aéreo que afea este emblemático espazo que Patrimonio quere protexer.
Técnicos de Patrimonio visitaron na mañá de onte a zona na que se sitúa o transformador para determinar as solucións máis idóneas.
A praza de Fefiñáns é un dos puntos históricos máis senlleiros da vila do albariño, visitada por decenas de miles de turistas cada ano, pois tanto o pazo como a igrexa, de San Benito, a torre, o arco e a praza, teñen un altísimo valor histórico.
Patrimonio vai elaborar un proxecto que permita eliminar o transformador, que afea o muro que rodea o pazo, na coñecida rúa de Rosalía de Castro. A presenza de devandita instalación tamén afecta de forma negativa á Torre dá Homenaxe, fronte ao acceso principal do instituto Ramón Cabanillas.
Esta iniciativa, á vez, permitirá reforzar a potencia eléctica nunha zona onde se rexistran caídas de tensión de cando en vez, polo que a mellora vai influír en moitos aspectos.
Técnicos estuviRON vendo no lugar como se pode expor este proxecto e as obras necesarias para eliminar o impacto visual negativo que supón tanto o transformados como os cables sobre o contorno de Fefeiñáns.
Pero a retirada destes elementos que estorban ao conxunto arquitectónico é só un paso para protexer este conxunto histórico, emblema de Cambados.
Son moitas as voces expertas entre elas Victor Caamaño voceiro municipal do BNG de Cambados, que queren un plan integral de conservación que pasaría ademais pola retirada da circulación rodada, xa que os gases que soltan os vehículos son moi prexudiciais para a pedra dos edificios históricos. Obviamente, o paso de turismos e camións adoita provocar danos difíciles de reparar nestas infraestruturas.
Pero tamén hai voces que piden que non se utilice esta contorna para celebracións multitudinarias como a Festa do Albariño ou os concertos asociados, pois a presenza de gran cantidade de público pode afectar á conservación deste conxunto histórico.
XUÍZO INXUSTO CONTRA DOUS ACTIVISTAS EN DEFENSA DA LINGUA
![]() |
Manifestación de "Galicia Bilingüe" |
Falamos dos compañeiros Aurélio e Iussa, imputados por participar nunha concentración a prol da normalización do galego e contra o grupo españolista Galicia Bilingüe o 20 de Febreiro do 2008 en Vigo. O xuízo celebrarase os dias 3 e 4 deste mes e ha convocadas concentracións en apoio dos imputados.
O vindeiro xoves 3 de Febreiro comeza nos xulgados de Vigo o axuizamento dos militantes independentistas Aurélio Lopes e José M. Prado “Iussa”. Estando previsto que a vista oral sexa continuada no dia seguinte. A petición fiscal é de cinco e tres anos respectivamente por desordes públicas e agresión à autoridade, que no caso dun deles se agrava por lesións. O caso remontase a Febreiro de 2008 na propia cidade de Vigo. Naquela altura un nutrido grupo de persoas concentrarase fronte ao Centro Cultural Caixanova para propagar a defensa da lingua galega e o seu proceso de normalización, e ao tempo rexeitar o acto de presentación da campaña da asociación fascista “Galicia Bilíngüe” que apoiada polo españolismo e amparada nos poderes do Estado promovía, en base a falacias e un discurso cargado de cinismo, a derrogación do Decreto que desenvolvía a Lei de Normalización Lingüística do Idioma Galego, para posibilitar a imposición e supremacía do castelán na Galiza.
A concentración foi re vetada pola policía española que golpeou ás persoas concentradas, causando varios feridos que precisaran atención médica. Nese momento José M. Prado, amais de golpeado, era detido. Non asi Aurélio Lopes, que alén de ter voltado ao lugar cando parte da concentración se reagrupou novamente fronte ao Centro cultural, voltou concentrarse xunto unha vintena de persoas fronte à compañía da policía española para reivindicar a liberdade de José M. Prado apenas unha hora despois. Aurélio era imputado arbitrariamente dias despois nunha notoria mostra de represalia por se ter destacado no activismo lingüístico e por estensión político. Ademais o acto en defensa do galego e a posterior concentración solidaria con José M. Prado saldáranse con preto dunha trintena de sancións administrativas que chegan os vinte e catro mil euros. Este é o primeiro dos axuizamentos penais que van ter que enfrontar dezaseis galegos e galegas por ter defendido con firmeza a dignidade e a lingua galega nas rúas do noso País. É por tanto o primeiro dos axuizamentos à propia dignidade e ao propio idioma da Galiza.
O Organismo Popular Anti-represivo fai un chamamento a todo o pobo galego à solidariedade activa con cada unha das persoas que nos próximos meses van ser axuiciadas por este motivo, a comezar polos compañeiros Aurélio Lopes e José M. Prado “Iussa”.
Nova recollida de GALIZA CONTRA INFO E CEIVAR
SÁBADO 5 NOITE CUTTY SARK EN DISCOTECA A PERA
O vindeiro sábado ás 23.30 horas na discoteca A Pera de Cambados terá lugar a Gran Festa Cutty Sark onde coma sempre haberá moitas sorpresas e agasallos coas consumicións, facerllo saber os vosos amigos e dende a discoteca esperan que o pasedes o grande, absterse menores de 18 anos.
UN NOVO DÚO “DOS MAIS VENDIDOS”
Neste mes de Xaneiro acaba de saír cunha forza incrible un novo dúo que en apenas nunha semana atópase no Top Ten “dos máis vendidos” no estado español. O dúo formado por Nacho Toxo e Candiducho Méndez denominado “DÚO PATÉTICO” Non é a primeira vez que forman parella como “cantantes”- O tema principal deste CD titulase “DESISTIRÉ” tendo entre os seus fans máis importantes a Zapatero e a Patronal Española. Dicir que o cantante Nacho Toxo é galego e co outro gran cantante galego Berto Feijoo veñen a deixar a nosa terra moi alto no que na musica “traicional” se refire.
Nova da sección cómica de Unha Grande Chea.
LEVAR A EFICACIA A LIMITES INSOSPEITADOS
Nestes dias a Policía Local de Cambados, baixo a dirección do do super xefe Maxi, acaba de levar a caba a súa eficacia a límites insospeitados, pois o pasado fin de semana levando a cabo as novas normas que rexen recentemente na praza de Fefiñans levaron con grúa un coche fúnebre que segundo os Locais estama mal aparcado, os funerarios non tiveron máis remedio que levar o cabaleito a ombros.
Nova da sección cómica de Unha Grande Chea
Ningún comentario:
Publicar un comentario