6 de feb. de 2011

AMA O GALEGO COMO A TI MESMO.

VICTOR E CHON NON É A PRIMEIRA VEZ QUE FORMAN PARTE DO MESMO EQUIPO.
De pe de esquerda a dereita: Richar, Jorge Castiñeiras, Chon,
Nini, Roque e Piño(finado). Agochados de esquerda a dereita:
Victor Caamaño, Javito, Amador(finado), Cubeiro e Panocha
O presidente de Unha Grande Chea, Chon, e o Portavoz e lider indiscutibel do BNG de Cambados Victor Caamaño, non é a primera vez que coinciden nun mesmo equipo, pois xa fai a frioleira de 36 anos aproximadamente coincidiron no equipo de futbol da Juventud T.A.C. Aquel erá un gran equipo de futbol en el estaban xente como Richar, Cubeiro, Panocha que chegaron a militar en equipos de Segunda B do noso país. E coincidencia do destino este vez no cartel das vindeiras eleccións municipales polo BNG Víctor e Chon voltan a estar xuntos. Como anécdota dicir que nesa foto atopanse os actuais presidentes do Club Juventud Cambados e do Xuven e tamén o que fora voceiro municipal do BNG Roque Durán.¡¡¡Casi nada!!!.



FELICITACIONS A “NOS” E A TREIXADURA
Onte sábado tivo lugar no Auditorio de Vilagarcia (ese si que é un Auditorio e non o que temos en Cambados), a actuación de Treixadura co gallo do 25 aniversario da Asociación Cultural “Nós” de Sobradelo, por certo un acto que tivo todo apoio da Concellalia de Cultura capitaneada polo o edil do BNG Castro Ratón, dende logo non fixo como o Celleiro de Cultura de Cambados e o mesmo tempo Alcalde Luis Aragunde quen en vez de apoiar os actos do 25 aniversario de Unha Grande Chea o ano pasado adicouse o poñer trabas o mesmo impidendo que a nosa Asociación poidera facer unha mostra fotográfica do seu 25 aniversario no Pazo de Torrado mentindo descaradamnente a nosa directiva como xa denunciamos neste espazo. Unha representación de Unha Grande Chea, concretamente o noso presidente Chon e o Secretario Dominguez, asistimos o acto, gozando dunha espectacular actuación de Treixadura e incluso agradaronos os oidos con alguns temas do seu novo CD que por certo dixonos un paxariño que se vai presentar esta primera nun coñecido Pazo de Cambados.  Treixadura é xa un dos grandes por méritos propios da música da nosa terra. O remate do acto o noso presidente tivo o acasión de darlle os parabéns a Jorge, o presidente da Asociación Cultural Nós.
A SELECCIÓN DE CAMBADOS DEFINITIVAMENTE A MUNICH
Definitivamente a Selección de Cambados este ano desprazase a Alemania a disputar o seu encontro anual, aqui vos deixamos un extracto da reunión de onte:
Acta Reunión Sábado 5 de febreiro:
Lugar de viaxe: Munich
Data: 9-12 de xullo de 2011.
Destino e data definitivas.
Carnaval queda abortado (refirese a organizar unha carroza para recadar fondos)
Buscar patrocinadores e posibles actividades para recadar fondos.
Cada quen pode xa comprar o billete de avión (Oporto-Memmingen(West Munich)) coa compañía Ryanair.
Dous plazos para entregar cartos: 50 euros antes de finais de febreiro e 50 antes de San Xosé. Recádanse en Arroas (tenda de Tío Juan).

O 4 DE MARZO INAUGURASE A ESCULTURA DE ASOREY
Terminado o modelado en barro, agora queda por realizar o proceso coñecido como cera perdida, e posteriormente a peza recúbrese cunha capa de bronce duns cinco centímetros de espesor. Lucas Míguez vai fundir a peza en Goián (Tomiño) e confía en poder entregarlla ao concello dentro de dúas semanas.
A inauguración oficial da escultura será, previsiblemente, o venres, 4 de marzo, pois ese día de 1889 naceu en Cambados Francisco Asorey. O que aínda está por determinar é onde se colocará a peza. Pensouse en varias posibles localizacións: a praza do Concello; a praza que leva o nome de Asorey e onde se atopa a réplica en pedra da Naiciña; ou o Paseo dá Calzada. A escultura é, tamén, unha homenaxe dun artista a outro, pois Lucas Míguez confesa a súa admiración por Asorey, e di del que “fixo unha obra extraordinaria”. Esta escultura forma parte dunha homenaxe, no que tamén están previstos desde unha exposición ata a publicación dun libro. Esperamos que desta vez e como fai sempre, o noso “querido alcalde” non se lle esqueza de invitar o acto os partavoces da oposición Domingo Tabuyo e Victor Caamaño.



O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA MANOLO PAZ BUSCA APOIOS PÚBLICOS E PRIVADOS PARA ABRIR UN MUSEO DE ARTE NO SEU TALLER DE CASTRELO

Manolo Paz co Secretario de Unha Grande Chea "Domin".
A obra custa 600.000 euros e incluiría unha biblioteca especializada en creación contemporánea.
Como xa adiantamos dende este mesmo espazo fai uns meses o escultor de Cambados e chalequeiro de Unha Grande Chea Manolo Paz pretende converter nun museo aberto ao público o seu taller, que está situado en Castrelo, preto da desembocadura do río Umia. No seu día, o artista solicitou unha axuda ao Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) cun proxecto valorado nuns 600.000 euros.
Agora exponllo ao delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Manolo Paz estivo acompañado na reunión polo alcalde de Cambados, Luís Aragunde, e expuxo a Tourís que xa conta cunha subvención de 200.000 euros tramitada a través do GDR, e que está intentando implicar no proxecto a outras administracións e entidades privadas. A obra tería un custo total de 596.951 euros.
O artista explica que lle gustaría terminar a obra en setembro deste ano, e que o museo estaría dedicado á arte contemporánea. A nova infraestrutura cultural apoiaríase na fundación que leva o nome do escultor cambadés.
Manolo Paz expón que o Agader aprobou a subvención tramitada a través do GDR porque considerou a idea "interesante polas características do lugar, nunha contorna rural, nun espazo versátil e diáfano apropiado para albergar un museo de arte contemporánea ao aire libre". O artista engade que "a realización desta idea responde a unha demanda cultural", e que "servirá tamén como revulsivo económico para a zona que disporá dun novo punto de interese cultural e turístico".
O museo incluiría unha exposición permanente do traballo de Paz, pero albergaría tamén mostras temporais doutras institucións e museos, ata estranxeiros. Outro das formulacións de Paz é que se habilite unha biblioteca especializada en arte contemporánea. "Atenderase especialmente a difusión dos estudos ou investigacións especializadas mediante a realización de conferencias, seminarios, cursos e publicacións", engade.
Manolo Paz dixo a Tourís que se porá especial mimo nas actividades de formación dos novos artistas galegos, e recordou a existencia doutros museos en contornas naturais afastados das urbes, como o Chillida Leku de Guipúzcoa.
Cores Tourís considera "moi positiva" a iniciativa e comprométese a trasladala ao área competente na Xunta, ou sexa que que di que si coma sempre "que si" pero quitase o bulto de enriba.

CURSO DE COCIÑA
Comezan os cursos monográficos de cociña en Cambados, os cursos consistirán en elaboración de tapas, cociña para principiantes, cociña vexetariana etc.
Os grupos serán reducidos e a todos os niveis, as clases serán dous dias por semana e incluense nas mesmas todos os materiais e incredientes incluídos mais información en seguraotero@hotmail e nol Teléfono: 986555221. Profesora con máis de 25 anos de experiancia.
Preme AQUÍ para acceder o seu facebook e AQUÍ para acceder o seu blog.






CARLOS BLANCO NOVAMENTE EN VILAGARCIA.
O inmellorabel, o espectácular, o incribel Carlos Blanco, o primeiro chalequeiro de UNHA GRANDE CHEA, a magoa é que coincide co mitin do BNG de Cambados, actuará no Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa co seu espectáculo “Carlos Blanco regresa o Brasil –Ordem e Porgresso-“. A hora do espectáculo é as 21, o prezo da entrada é de 8, 7 e 5 euros e a venta anticipada de entradas é en Servinova.



O GRUPO DO PARTIDO POPULAR EUROPEO ORGANIZA UNHA CONFERENCIA E INVITA A DOUS SIMPATIZANTES DO PP DE CAMBADOS.
Maria José martinez e Benito Pelea, viaxan xuntos 
da man do PP a Brusela.
O Grupo Popular do Parlamento Europeo baixo a moderación da filla do ex-ministro de Franco Manuel Fraga, a inoperante Carmen Fraga Estevez organiza unha mesa redonda en Bruselas co titulo “A reforma Política Pesqueira Común: Un réxime específico para a pesca artesanal e o Marisqueo na Unión europea". Participan nesta mesa redonda Rosa Quintana Carballa , conselleira do mar do PP, Lowri Ewans parlamentario de grupo popular europeo, Benito Pelea Patrón Maior o voceiro na Confraría do PP de Cambados e Maria Xosé Martinez mariscadora da corda de Pelea. O acto será o vindeiro 8 de Febreiro, os gastos de desprazamento non sabemos a conta de quen corren a cargo.


SHAKIRA E ANTONIO DA RÚA DINSE 'ADEUS' E GOGUE PLASMAOS NA PORTADA DE DINAMITA.
A cantante confirma que a parella tomouse un tempo" tras 11 anos de relación
A cantante Shakira e o seu noivo Antonio da Rúa decidiron separarse tras 11 anos de relación. A artista difundiu un comunicado esta mañá, asinado por ambos, poucas horas despois de que O PAÍS adiantase a noticia. "Desde agosto de 2010, tomamos a decisión mutua de darnos un tempo na nosa relación sentimental", din no comunicado. A parella atopábase  en Europa por distintos motivos profesionais. Ademais de ser ata agora o noivo da cantante, Antonio Da Rúa traballa xunto a ela como representante. É fillo do ex-presidente arxentino Fernando da Rúa, que gobernou ese país de 1999 a 2001. O xenial caricaturista meco-camabadés Gogue non deixou pasar esta oportunidade para plasmar na revista americana “Dinamita” este evento, do xeito e maneira xenial que só Gogue sabe facelo.


BEGO VARELA ANIMANOS A VOTAR O SEU PRIMO
Bego Varela mediante o seu facebook, e decindonos que só nos vai roubar uns minutos do noso tempo pide a nosa axuda para axudar o seu primo para millor DJ NACIONAL só temos que poinchar no seguinte link http://www.djoners.com/votaciones.php.  
e no apartado Techno & Minimal, e na pestana productor seleccionar o seu primo FER BR, un afamado DJ, e máis abaixo onde pon “general”, seleccionar en todas as pestanas o que queirades, pois é obligatorio, pero na pestana de “DJ Nacional” non esquezades de seleccionar a FER BR. O validar o voso voto teredes que facervos usuarios desa páxina, só vos levará uns minutiños.
POKER NO CASARELLO
O vindeiro xoves 10 de febreiro ás 21 horas, no Bar Casarello de Castrelo-Cambados celebrarase o primeiro torneo de Poker Taxas Holdem Casarello, as inscricións estarán permitidas ata a hora de comezo do toreno, os reenganches serán ilimitados durante a primeira hora.
As catro variedades máis importantes de Hold'em distínguense entre si polos seus límites nas apostas:
- Texas Hold'em con límite: hai un límite de aposta predeterminado en cada rolda de apostas.
- Texas Hold'em sen límite: un xogador pode apostar todas as súas fichas.
- Texas Hold'em pot limit: un xogador pode apostar o que haxa no bote.
- Texas Hold'em mixto: o xogo varía entre roldas de Texas Hold'em con límite e Texas Hold'em sen límite.
Podes ampliar os teus coñecementos sobre as regras deste xogo pulsando AQUÍ.

O INOPERANTE MUSEO DO VIÑO DE CAMBADOS CUMPRE DEZ ANOS

O Concello de Cambados explica que o Museo do Viño cumpre 10 anos neste 2011, e que por ese motivo a directora, Rocío Acha, está preparando un amplo programa de actividades. Boa parte da celebración do aniversario aproveitarase para adquirir novas pezas. O que non di o Concello de Cambados é cando lle custa os cambadeses manter este practicamente inoperante museo , o cal cos demais que compoñen a rede museistica cambadesa ven a ser unha gran lastre economic para o Concello cando deberian de abrir somendes no vrán e ter no resto do tempo unha sóa persona para abrir en caso de visita, pero claro hai que manter o clientelismo popular a base dos bolsillos dos cambadeses. O Museo do Viño deberia ser o principal centro de interpretación de Cambados, e permitir ao espectador coñecer diversos aspectos sobre a historia e o método de elaboración do viño. Tamén se mostran diversos obxectos antigos, e hai unha sala onde se expón os carteis de case todas as edicións anteriores da Festa do Albariño. A mogoa é que un 80% dos cambadeses non saben que existe este museo, algunha responsabilidade debe ter a directora da rede museistica de Cambados.


O CLUB ATLETISMO DOULLE UN LECCIÓN DE PROTOCOLO O CONCELLO DE CAMBADOS NA SUA PROPIA CASA.
O salón de plenos do consistorio cambadés serviu onte de marco á presentación en sociedade do último club en sumarse á ampla nómina de entidades deportivas coas que conta a vila do albariño: o Club Atletismo Cambados. O cal dito sexa de paso deulle todo un exemplo o Alcalde de Cambados e o Partido Popular de cómo protocolariamente se fan os causas o invitar especialmente o acto tamén a Domingo Tabuyo e Victor Caamaño. Tamén dende aquí facemos un chamamento as demais club e asociacións cambadesas, que non o fan, para que cando organicen un acto copia do Club Atletismo Cambados.
Arroupados polos grupos municipais, o presidente da nova sociedade deportiva, Roberto Fariña, o vicepresidente, Alfredo Oliveira, e o tesoureiro, José Antonio Costa, ofreceron o esbozo das liñas mestras do seu proxecto, xurdido de «a ilusión de 25 amigos que comparten a afección polo atletismo».
Deste xeito arrincou Roberto Fariña a súa intervención, na que destacou o alto valor do legado do mítico e hai tempo desaparecido Club de Atletismo Salnés, «cuxas marcas e logros aínda son recordadas. Agora», engadiu o presidente, «\ en Cambados tres iron men, unhas boas instalacións e xente que se sinte ben correndo e levando ou nomo do noso pobo, sexa en Nova Iorque ou en Meaño».
O motor do club non será buscar grandes marcas, sinalou Fariña, «senón promover a afección polo atletismo e fomentar hábitos de vida saudables». Por iso é polo que conte desde con media ducia de neno ata con algún corredor de 60 anos.
O vicepresidente do C.A. Cambados adiantou que xa están a tramitar a certificación das pistas do Pombal como de categoría internacional B, para poder organizar competicións federadas sen lanzamentos, pola falta dunha zona para estes. O desexo do club, organizar o próximo Campionato Galego de 10.000 metros. En leste e en todos os seus demais retos, comprometeuse Luis Aragunde, terán a colaboración do Concello. Podeste poñer en contacto co novo club no seguiente correo atletismocambados@gmail.com  ou entrar no seu facebook.

OS CANS DEBEN IR ATADOS E CON BOCEIRA.
Segundo marca a lei e as ordenanzas cambadesas o respecto, na vía pública os cans deben estar vixiados polos propietarios, que os deberán levar cunha correa e un colar debidamente identificado, así como cunha boceira cousa que non fan moitos deles e podemolo ver a diario no paseo maritimo de Cambados, e se lle chamas a atención o dono límitase a dicir “non fai nada”. Os axentes de seguridade poderán ordenar o uso deses elementos que evitan as mordeduras e determinar os horarios de presenza destes cans en determinados lugares públicos estes Axentes debiamolos  ver de vez en cado polo Paseo Marítimo dando unhas voltas e poñer os propietarios dos cans “rebeldes” dentro do marco legal. Ademais, deberanse fixar as regras de adestramento destas razas, así como as normas sanitarias e revisións veterinarias. O Concello expón instalar carteis estáticos nalgunhas zonas públicas para informar sobre estas regras.
Para rexistrar un can pertencente ás familias consideradas como potencialmente perigosas é necesario presentar no departamento de Medio Ambiente do consistorio de Cambados o documento nacional de identidade, un certificado de antecedentes penais e outro de que non hai pendentes infraccións administrativas. Ademais, esíxese pasar un psicotécnico e subscribir unha póliza de responsabilidade civil.

Ningún comentario: