TODOS A VOTAR POR MONICA GUILLÁN
A deseñadora cambadesa Monica Guillán solicita a axuda de todos nos para que votemos por ela no concurso de moda sostibel III CONCURSO DE DISEÑO “TALENTOS DESIG´II”, un concurso de moda a nivel estatal organizado pola Fundación Santander. É moi sinxelo so hai que votar en cada unha das súas fotos con cinco estrelas e si é posible efectuar a votación cada día, só se permite un voto por día. Monica presenta dous modelos a este concurso, podes votar polos dous o mesmo día.
A ESAS NAIS QUE SOFREN EN SILENCIO
![]() |
CUCA DA SILVA RUBIO |
Veño de estar toda a tarde cunha nai que como moitas sofren en silencio. Sofren porque as dificultades dos seus fillos pasáronlles desapercibidas a todos e todas os que estiveron preto deles durante moitos anos. Sofren porque por moito que lles insistiron ao pediatra do seu fillo en que algo andaba mal, eles fixeron oídos xordos, sofren porque alguén un día dilles que poida que o seu fillo estea no espectro autista pero non lles explican con claridade que é iso nin cal é o camiño que agora deben tomar, sofren por impotencia xa que non saben que poden facer para axudar ao seu fillo, sofren polos anos perdidos nos que non se fixo ningún tipo de intervención, sofren por todo o que os seus nenos e elas mesmas pasaron durante anos sen poder facer nada.¡ NON É XUSTO TANTO SUFRIMENTO INNECESARIO!
Todo isto podería cambiar se tivésemos uns médicos minimamente formados que tivesen unha ferramenta de detección eficaz, se nos colexios estivesen as persoas do departamento de orientación formados en detección e intervención, se os hospitais tiviesen un servizo de diagnóstico con profesionais preparados, se tivésemos unha atención temperá para todos os nenos que o necesitasen, se a seguridade social cubrise as terapias que dan asociacións privadas especializadas en autismo.
Cada unha de nós aterrou no mundo do autismo dunha forma diferente pero é moi triste oír historias como as desta familia. Imaxinádevos que un bo día un especialista dun hospital divos "creo que o teu fillo é autista pero non estou seguro, debes ir a unha asociación a que cho diagnostiquen, chamas á asociación e encima de ter que pagar o diagnóstico debes esperar 8 meses. Isto é unha tortura tremenda. E veste soa e sen saber que facer nin onde acudir pois nin os médicos nin a escola son moi de fiar xa que en moitos anos eles non viron nada. ISTO É MOI TRISTE E MOI DURO.
Ao final siempre atopas unha voz amiga que che pode coller da man e axudarche a entender un pouco onde acabas de aterrar e que camiño podes empezar a percorrer. ¡BENDITO INTERNET! ¡BENDITO FACEBOOK! ¡BENDITO GOOGLE!
As nais que xa levamos uns anos nestas guerras podemos axudar e moito a outras nais e creo que debemos facelo por simple humanidade e porque todas pasámolo moi mal e podemos empatizar con estas outras "mamis novatas".
Xa son moitos/as que pedistes auxilio a través da rede, pero é algo aos que as "mamis expertas" non nos afaremos xamais pois revives unha dor que ti tamén sufriches, e a incomprensión e a impotencia e "o mareo" que todo isto producíache.
Hoxe estiven 3 horas cunha paisana que coñezo desde fai anos e chegou a min a través do facebook de Por Dereito e cando contactou comigo non sabía que falaba con outra paisana e menos que coñeciámonos, isto é a maxia da rede, é estupendo que exista e marabilloso que nos podamos axudar unhas a outras xa que se non fose asi que sería de nós.
Que ninguén chore en silencio, as nais e os pais podémonos axudar e MOITO se nos unimos e falamos do que nos pasa e se é con alguién co que podamos tomar un café, pois mellor ainda, iso si nun lugar onde podamos botarnos un cigarrilo sen ter que xearnos na porta!!!!
CUCA DÁ SILVA RUBIO, REPRESENTANTE DO COLECTIVO “POR DEREITO” ASOCIACIÓN PARA A INTEGRACIÓN DE PERSONAS CON AUTISMO.
O PP ESTALALLE NAS MANS O PRIMEIRO LIO POR UN PROBLEMA DE PROTOCOLO.
Viase vir, é sabido por todo mundo que o PP non respecta o protocolo cos demais partidos politicos, nin cando organiza un acto a deputación nin calqueira concello mandado por eles. Onte o vicepresidente da Deputación José Juan Duran máis coñecido polo “pequeno dos Dalton” dispoñiase a inaugurar “un proxecto de construcción dunha traída de augas”, carpa montada , todo disposto para inauguración, avisado o voceiro da oposición, claro do PP, e non avisou a ningún representante do Concello de Vilagarcia, Nin a ningún outro portavoz da oposición, estes enteraronse e comparece no lugar o edil de obras Barros Cuervo que puxo a cair dun burro “o pequeno dos Dalton”. Esto é o primeiro incidente grave que teñen, pero de seguro en vista do abuso de autorizade que fai o PP non será o último. Falabamos o outro día do exemplo que o recén creado club de atletismo Cambados lle dou o Concello de Cambados na súa propia casa, tamén vai sendo hora de Luis Aragunde reciba unha lección neste sentido e non é descartabel que se lle boicotee a su vindeira inauguración o acto que faga sen que cumpra o protocolo.
Mais info en FARO DE VIGO.
AS SENIOR DO X.A.V. COLOCANSE FORA DOS CRUCES DE DESCENSO

Nos partidos de Liga Galega, as infantís e cadetes mostraron moita mellora con respecto á primeira volta, pero non foron quen de alcanzar a victoria. En xuvenís, a distancia cos equipos punteiros segue sendo grande. Paradóxicamente, son as xuvenís as que están nunha posición máis cómoda na clasificación onde os tres equipos de Liga Galega se encontran fóra dos postos de descenso (cruces eliminatorios coas primeiras das ligas zonais). Un par de victorias máis na segunda volta, da que vamos para a terceira xornada, deberían ser suficientes para non pasar apuros.
Este fin de semana, os catro equipos se desprazan a unha cancha en teoría factible, a das Calasancias de A Coruña. Veremos o que sucede.
Na cabeza da Liga Zonal Cadete, está o equipo XAV Cambados B. Os resultados que está alcanzando danlle a oportunidade de competir nos cruces de ascenso a Liga Galega.
Viaxan a Vigo este fin de semana, unha victoria contra Teis C daríalles o campionato de Liga.
Podes ver os resultados e clasificación premendo AQUI.
CAMBADOS SORTEA OS NICHOS DO CEMITERIO NUNHA TENSA REUNIÓN ONDE FORON ABUCHEADOS O ALCALDE E O CURA.
Patrimonio limitou o número de panteóns dispoñibles
As 850 novas tumbas non cobren as necesidades dos veciños.
Estaba o ambiente un tanto enrarecido o domingo pola tarde na antiga nave da conserveira Peña, en Cambados, onde unhas 400 persoas asistían ao sorteo dos novos panteóns saídos da ampliación do cemiterio de Santa Mariña. Nunha mesa sobre unha tarima dun metro, o cura José Aldao presidía a reunión xunto ao alcalde, o popular Luís Aragunde, para asignar praza ás familias que reservaron, algunhas fai oito anos, un oco no remocicado camposanto. O proxecto inicial foi vetado pola Dirección Xeral de Patrimonio, que impuxo un límite ás alturas e volumes dos nichos. O resultado: ao redor de 850 novas tumbas que non cobren toda a demanda dos veciños.
"Esta é reunión incómoda pero necesaria", comezou conciliador o párroco, que culpou a Patrimonio dos sucesivos rexeitamentos dunha obra que se proxectou en 2002 e á que, no que respecta á demanda, non se viu afectada pola crise do ladrillo: os 3.000 euros que custaba de entrada o panteón de catro nichos fóronse finalmente a 5.000. "Estivo paralizado ata que por narices houbo que aceptar un proxecto que non me gusta", descargou, criticando a decisión da Xunta actual, que limitou os plans iniciais para que a ampliación non afectase á famosa igrexa de Santa Mariña Dozo. Algúns asistentes mostráronse desconformes co discurso. pagaran polo seu panteón e a solución que agora lles ofrecían non era a pactada.
Un veciño pediu a palabra para protestar. Co deseño final, o nicho inferior dos panteóns queda semienterrado, circunstancia que lle parecía intolerable. Propuxo instalar "unhas barras de aluminio" para delimitar a zona e dar un mellor acceso ás tumbas. O alcalde tratou de explicar que a cuestión non era onte propor melloras, senón sortear as tumbas dispoñibles entre os que se apuntaron na lista. "Imos deixar o pasado", pedía. O cura fíxose a continuación co micrófono e comezou a elevar o ton de voz, arroibando por momentos mentres contestaba a outro veciño, que insistía en que non se lles avisou do cambio das condicións e recrimináballe "o ton de ameaza" co que don José explicaba que quen non estivese contento coa situación podía renunciar ao seu reserva e recuperar o importe consignado. "Non personalicemos", lanzou de volta Aldao, que trataba de controlar o volume do seu discurso con escaso éxito.
"A última vez que convoquei unha reunión para falar do tema xa sabemos como acabou", reprochou o cura, que insistiu, mentres o alcalde asentía, en que o que non se decatou dos cambios "foi porque non quixo". Unha muller, apostada nunha esquina da sala, saíu en defensa do relixioso de viva voz: "¡Está dicindo que foi cousa de Patrimonio!". Os ánimos acougáronse algo, e entre murmurios, comezou o sorteo. Cando ían pola metade, outro home levantouse e pediu a palabra. O cura calaba pero o alcalde permitiulle intervir. "Acabo de falar por teléfono cunha das señoras que saíu agora no sorteo e dime que ela se inscribiu na lista a semana pasada", protestou. Non lle respectaron, ao seu xuízo, o seu dereito preferente. O alcalde encolleuse de ombreiros e negou, meneando a cabeza. Unha hora despois concluíu o sorteo.
DRAMA NUN XULGADO DE CAMBADOS
Un neno de 7 anos do procedente dos servizos socias do Concello de Cambados acudiu a semana pasada ó Xulgado de Instrucción Nº 1 de Cambados para pedir amparo ó devandito órgano.
O menor recorría a orde sobre quen debería de ter a súa custodia.
Os pais do rapaz estivéronlle pegando malleiras desde moi pequeno, por iso a Xuíz inicialmente concedeu a custodia á súa tía de acordo coa lei que intenta que a unidade familiar mantéñase o máis posible.
O neno sorprendeu ao Xulgado cando dixo que a súa tía metíalle ata máis malleiras que os seus pais e que se negaba rotundamente a vivir con ela.
Cando a Xuíz suxeriu que vivise cos seus avós, o neno chorando, dixo que eles tamén lle pegaban malleiras.
Tras considerar o resto da súa inmediata familia e darse conta que a violencia doméstica parece ser unha forma de vida entre eles, a Xuíz tomou a sorprendente decisión de preguntar ao mozo que quen cría el que debería ter a súa custodia.
Tras dous recesos na vista para verificar referencias legais, sentenzas anteriores e falar sobre o tema cos funcionarios da Fiscalía de Protección ao Menor, a Xuíz deu temporalmente a custodia do neno a quen este solicitara.
Por todo iso a custodia do menor quedou en mans do Real Madrid, xa que segundo o mesmo neno, “considerábaos totalmente incapaces de dar unha malleira a ninguén”
Sección Comica de Unha Grande Chea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario