GOGUE EXPÓN EN SANTIAGO
Apertura e inauguracion interactiva, martes 15 20h. Desde o martes 15 de febreiro ata o martes 15 de marzo, a Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela acolle a exposición 'Caricaturas de estrelas do cinema de GOGUE'. Lugar: Salón de Actos, no horario de apertura da biblioteca .
GOGUE é ilustrador e caricaturista nado en Cambados e residente no Grove. Colabora no diario Faro de Vigo, sendo o autor dos personaxes Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña e Don Ramón ou Cura, publicados diariamente no Faro de Vigo desde 1989.
DON DOSITEO, UN EXEMPLO A SEGUIR.
Don Dositeo Valiñas é o cura de Ribadumia fai máis de sesenta e cinco anos. Don Dositeo e nova porque estes días acaba de cumprir noventa anos, e ainda segue en activo. Pero este non é para nos o aspecto máis destacado de D. Dositeo, para nos é exemplo para todos os galegos e sobre todos para os seus colegas. D. Dositeo sempre falou en galego , pero non só na vida cotián senón tamen na Igresa, sempre oficiou en Galego, tanto nos intres ledos como nos intres de tristera. É unha verdadeira magoa que os seus colegans non seguiran o seu exemplo. D. Dositeo exercia de galego e falabao incluso nos intres mais duros da dictadura , pero nunca tivo medo a expresarse no seu idioma, o noso recoñcemento e nosa gratitude polo emprego do galego, del debiamos tomar exemplo todos.
Mais info en: FARO DE VIGO.
Mais info en: FARO DE VIGO.
O CAMBADÉS DE ADOPCIÓN RAMON CARIDE PARTICIPA NO “I ENCONTROS DA SERIE ESMORGA”
Toxosoutos e a Fundación Eugenio Granell presentan os Primeiros Encontros da Serie Esmorga. Foron presentados o longo dos inicios do 2011 "Azos de Esguello" e "Unha tempada no paraíso". O 18 de marzo celebraráse o último dos encontros coa obra "O Fío da escritura" no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense. No acto participarán Ramón Caride, Jorge E. Bóveda, Xerardo Méndez, Francisco X. F. Naval e David G. Couso.
ESTE SABADO ACTÚA EN CAMBADOS “VAL INNOVA”
O auditorio da Xuventude acolle o sábado, ás sete da tarde, unha representación da escola de teatro Vale Innova. Con esta iniciativa, o municipio quere sumarse ás celebracións de 75 aniversarios da morte de Valle-Inclán.
A compañía de teatro porá en escena “Os cornos de Don Friorenta”, un esperpento cheo de gags cómicos que farán que o público non poida parar de rir. A entrada a esta representación será libre e gratuíta ata completar aforamento.
SE O ESTADO DEIXASE DE FINANCIAR Á IGREXA CATÓLICA NON NOS XUBILARIAMOS AOS 67, SENÓN AOS 60.
En pleno século XXI, en España aínda está por conquistarse a separación do Estado e da Igrexa co que isto ten de dereitos para todos. Isto suporía a anulación dos acordos franquistas e as súas continuacións, unha escola pública e laica, a non participación dos responsables públicos en actos de carácter relixioso e que non utilicen símbolos relixiosos nos actos públicos, así como a autofinanciación das igrexas, e que non se lles permita a apropiación ilegal e ilexítima do patrimonio público e privado.
As cifras din que a Igrexa queda con 1.000.000.000 de euros (166.000.000.000 en pesetas) do diñeiro público español, ata agora cando temos o dobre de parados que en Europa e en Europa.
Os poderes públicos conceden esta cantidade á Igrexa, que a utiliza para o pago do culto e o clero, para as vivendas onde residen, para o mantemento das igrexas, , para facer proselitismo relixioso, para manter as súas escolas católicas, para pagar aos capeláns en hospitais, cuarteis e cárceres, para pagar aos catequistas das escolas públicas, para reformar e conservar o seu propio patrimonio, para facer campañas de todo tipo contra dereitos civís aprobados no Parlamento, para facer anuncios nos medios de comunicación?para manter os seus propios medios de comunicación, para investilo en operacións financeiras...
O diñeiro obtéñeno do imposto do IRPF, de subvencións múltiples que reciben do Estado local, autonómico e central, de exencións de impostos como o IBI e o de obras, con doazóns do Estado para Fundacións, e coa recepción de patrimonio e de chan por parte do Estado.
É dicir, que o que cada español paga cada ano de media é é duns 250 a 300 euros por persoa de todas as idades, uns 1000 euros por familia (crentes ou non crentes).
Se o Estado deixase de financiar á Igrexa católica non nos xubilariamos aos 67, senón aos 60.
Un artigo de Susa Alvarez Fernández.
O BLOG”MOVEMENTO MUNDIAL POLA PAZ” ESTREA NOVA SECCIÓN “A PAZ ES TI
Anúncianos Carmen Castejón, a nosa amiga do Grove, que ante a proximidade do día dos namorados ,e para todos aqueles que aínda non teñan a oportunidade de gozar desde fai tempo ou talvez nunca en compañía desta tradicional celebración, estrean “A PAZ ES TI” unha nova sección.
Trátase dun cadro de mensaxería instantánea para anunciarse e así contactar con persoas afíns.
(Situado na parte superior dereita do blog),Para anunciarte tan só introduce o teu nome no espazo que así o indica ,e deixa a túa mensaxe detallando a túa situación xeográfica , preferencias, con quen desexarías contactar(Que buscas) e o teu modo de contacto.
Unha nova fiestra ao amor que desde “A PAZ ES TI” que abren para renovar enerxías e dar entrada a novos afectos.
Animamos a participar nela e desexamos que este novo apartado do noso blog sexa todo un éxito, e os facilite aproximarvos no coñecemento de novas amizades e tal vez en encher ese baleiro da vosa existencia cun compañer de vida.
Envianos Carmen un abrazo con moita luz desde a gratitude polo voso constante apoio.
Recordanos que tamén contan cunha sala de chat onde podedes establecer interesantes conversacións sobre os temas aboradados cada semana no noso espazo e seguir profundando no mútuo coñecemento persoal.
A PAZ ESTÁ EN CADA UN DE NÓS-A PAZ ES TI
Ningún comentario:
Publicar un comentario