11 de feb. de 2011

Cumpren Anos: Alicia Otero Vázquez, Fernando Oubiña Carro, Isabel Leiro Rodríguez, Jose Cochon Miguens, Lhara Cores Cacabelos, Mar Doval Balsa, Maria Reboredo Leiro, Merchi Guillán, Mila Fontan, Pablo Varela, Pedro Brandariz Gómez

ATENTADO CONTRA O PATRIMONIO EN TRIANA,  FEFIÑANS. UN GUINDASTRE DERRUBA UN DOS CRUCEIROS MAIS BONITOS DA VILA

Eulogio Pomares Botana
edil de Urbanismo
O CONCELLEIRO DE URBANISMO DEBERIA DIMITIR INMEDIATAMENTE POR MOITO MENOS O PP PIDIU A DIMISIÓN DO SEU HOMÓNIMO DE VILAGARCIA.
APARTE DA POLICIAL LOCAL TAMEN LEVANTOU ATEIGADO A POLICIA AUTONOMICA.
Esnaquizado e feito cachizas. Así quedou o cruceiro que adornaba a praza de San Gregorio, en pleno barrio de Triana Fefiñáns, en Cambados. A peza resultou danada nun accidente cunha plataforma elevadora, que o golpeou. Segundo o técnico de Patrimonio do Concello, Javier Montero, é «un atentado grave contra o patrimonio. Destruíuse un dos cruceiros máis importantes do Concello desde o punto de vista da súa monumentalidad e tamén pola súa riqueza iconográfica», explicou onte. Moi acertado o comentario de Javier Montero pero debia de engadir que iso deberia ser motivo para que o Concelleiro de Urbanismo presente inmediatamente a súa dimisión, non esquezamos que por moito menos o PP de Vilagarcia pideu a dimisión do concelleiro de urbanismo polos bancos de cerámica de Ravella  que non tiñan valor artístico só documental. O accidente prodúcese só un mes despois de que un camión tirase a coñecida Virxe da Soidade de Rúa Nova. En Cambados este tipo de sucesos non son insólitos: na última media década xa foi necesario restaurar os de San Tome por un accidente de tráfico, o da igrexa parroquial, por un acto vandálico, e un en Castrelo atopado por sorpresa durante unha obra.
O suceso tivo lugar ao redor das dez da mañá, segundo informa a policía da localidade. A plataforma elevadora estaba a traballar na praza de San Gregorio, acometendo a rehabilitación na canalización de augas pluviais dun edificio adxacente. Nun momento determinado, a máquina golpeou imprudentemente ao cruceiro. Afortunadamente, a zona na que se produciron os feitos atopábase pechada ao tráfico, polo que non houbo que lamentar feridos. Segundo os axentes, a empresa contaba con todos os permisos necesarios para traballar na zona, agás o da Comisión de urbanismo que é neceario por ser zona protexida por Patrimonio.
Unha empresa que está rehabilitando as canalizacións de augas pluviais dun edificio da praza de San Gregorio foi a responsabel. manobraron coa plataforma elevadora na que se sitúan os operarios e, accidentalmente,(só fastidiaria que fora a propósito chocou contra o monumento. Segundo testemuñas presenciais, os traballadores que operaban co vehículo realizaron unha manobra “descoidada”, derrubando o cruceiro. Pertence a unha empresa que está realizando traballos de rehabilitación na canalización de augas pluviais dun edificio adxacente á praza onde está situado.
A consecuencia do impacto, a escultura quedou rota en varios pedazos. De feito, a policía cambadesa considera que será moi difícil a súa reconstrución. Á zona desprazouse tamén unha patrulla da Policía Autonómica, que levantou acta do sucedido. Os restos do cruceiro quedaron depositados no almacén municipal, á espera de que se poida acometer a súa recuperación. O impacto provocou que a peza rompese por catro sitios. A vara partiu pola metade pero os danos máis graves parecen localizarse na cruz, que se fragmentase en cinco partes. O técnico de Patrimonio do Concello de Cambados, Javier Montero, explica que da figura do Cristo só salváronse a cabeza e o tórax, posto que as extremidades descompuxéronse en pedazos moi pequenos. No caso da Virxe, o accidente supuxo que quedase sen cabeza.
Javier Montero, Tecnico de Patrimonio
do Concello de Cambados.
O propio Javier Montero admite que "os danos son moi importantes" e que a restauración non será sinxela. Entre tanto, o alcalde, Luís Aragunde, explica que xa falou cunha empresa especializada na restauración de monumentos. "Intentaremos reparalo canto antes, e puxémonos en mans de profesionais", engade o rexedor municipal.
Difícil reconstrución
Segundo explica Montero, o varal ou fuste é a parte máis importante deste cruceiro e a que máis valor arqueolóxico ten. A consecuencia do impacto, sufriu serios danos, pois o pedestal está rachado. Afortunadamente, os danos non afectou case ao peto de ánimas que ten o cruceiro na base e no que aparece unha representación de San Francisco. Pero, a partir de aí, o resto da escultura está completamente esnaquizada. O resto do fuste, engade Montero, rompeu en cinco anacos e a cruz, noutros catro. De feito, as imaxes da parte superior, un cristo e a virxe co neno en brazos, quedaron completamente rotas.
Segundo o técnico de Patrimonio de Cambados, o cruceiro ten protección integral e é un Ben de Interese Cultural. Por iso agora haberá que facer un informe no que se avaliarán os danos sufridos. A continuación, haberá que buscar unha empresa de restauración que se encargue da súa recuperación. «Hai que facer todo o posible porque volva ao seu estado orixinal», conclúe Javier Montero. O cruceiro roto atópase na confluencia entre a rúa Rodas e a praza de San Gregorio, en pleno barrio de Triana, que pertence a Fefiñáns. Está considerado como o último que se mantiña en pé da antiga vila de Fefiñáns, desde que o do atrio da igrexa de San Benito descompúxose, quedando tan só a cruz sobre un dos muros do recinto.
O feito de que sexa o último cruceiro dun área importante da zona vella de Cambados confírelle unha importancia á que non son alleos os veciños. "Téñenlle moito agarimo porque foi o punto de encontro para moitas xeracións de Fefiñáns " comentan os veciños de Triana. O monumento mandouno construír unha familia da zona entre os séculos XVIII e XIX, como unha ofrenda. Ademais, a estrutura ten uns adornos semellantes a nós de árbore. Para Montero é unha iconografía que remite "á redención dos pecados", que atopou unha gran repercusión tras o Concilio de Trento. Esta conta cun peto de ánimas no que aparece San Francisco intercediendo por dúas almas no Purgatorio, así como cun bajorrelieve cos instrumentos da Paixón de Cristo “a cruz de espiñas, o látigo, a escaleira...” e uns anxelotes que elevan a un santo que sostén a un neno no seu colo.
No entanto, ha de ser un especialista o que determine o alcance dos danos e a súa recuperación. De feito, o arqueólogo municipal elaborará un informe que remitir á Xunta para que teña constancia e indique os pasos a seguir ao tratarse dun elemento protexido.
O baleiro que deixou o cruceiro chamaba a atención dos viandantes que pasaron pola zona tras producirse o accidente. Era todo un emblema, de feito, o establecemento de hostalería situado na praza facía mención á súa existencia na súa publicidade.
Información recollida entre outros de A Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa.



VINDEIROS PARTIDOS PARA O XAV.

2ª DIVISION A FEMININA
Calasancias Coruña B
XAV Cambados
12/02/2011 13:00 Pol. Calasancias
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA
Calasancias Coruña
XAV Cambados
12/02/2011 11:30 Pol. Calasancias
LIGA GALEGA CADETE FEMININA
Calasancias Coruña
XAV Cambados
12/02/2011 10:00 Calasancias
LIGA ZONAL CADETE FEMININA
X. Teis Turismo de Vigo C (Xuvenil)
XAV Cambados B
12/02/2011 17:45 PM de Teis
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
Calasancias Coruña
XAV Cambados A
12/02/2011 10:00 Pol. Calasancias
Deporte Escolar
ALEVIN MIXTO
Xuvenil Teis Escultor Acuña Caixanova
XAV Cambados A
12/02/2011 10:00 Estadio da Xuventude
BENXAMIN
CV Pontevedra A
XAV Cambados
12/02/2011 10:00 Estadio da Xuventude
Mais info en http://www.xavcambados.blogspot.com/

Ningún comentario: