14 de feb. de 2011

Cumpren anos dos nosos amigos en facebook: : Azuise Deceli Mar, Cristina Guede Perez, Jacobo Castro Búa, Jose Manuel Castro Busto, Pablo Agostini, Pilar González Roma, Ángeles Garanger Gómez

YAYO DAPORTA DÁ UN CURSO DE COCIÑA PARA “COCINILLAS”
Ábrese a inscrición para o curso de cociña para clientes e amigos. Trátase dun curso non profesional destinado a todos aos que vos gustan os fogóns, no que podredes aprender catro cousiñas para facer na casa e sorprender aos vosos. Entre outras cousas, elaboraranse pastas frescas, sushi, tempuras e algúns pratos de cociña tradicional e moderna. O curso terá unha duración dun més durante un día á semana, e o horario probable será os xoves de 18:00 a 20:00, con media hora máis para degustacións. Todos os interesados podedes contactar comigo no telefono do restaurante (986526062) ou non seu facebook. ÁNIMO E A Cociñar!

PARECE SER QUE É POSIBEL A RECONSTRUCCIÓN DO CRUCEIRO DE TRIANA

O técnico de Patrimonio do Concello considera viable que o cruceiro situado na praza de San Gregorio sexa restaurado case totalmente tras ser derrubado o xoves por unha plataforma elevadora. Confirmouse que pezas que se daban por perdidas, como as extremidades do Cristo ou a cara da Virxe da cruz, poderanse recuperar.
Ata que o ben protexido (de entre o século XVIII e XIX) volva lucir na zona vella da localidade pasarán moitos meses. O especialista, Javier Montero, preferiu non facer previsións pois se tratará dun traballo moi laborioso que deberán desenvolver “expertos cualificados na restauración de granito” e terán que contar coa aprobación de Patrimonio da Xunta. Dende logo dende este espazo web estaremos antentos a esa recontrucción, que iremos lembrando cada mes que pase por que si lle esquece os técnicos de patrimonio. Doutra banda da dimisión do concelleiro do urbanismo non se sabe nada, e mais incluso dubidamos que exista o concelleiro de urbanismo. Podes ver un amplo reportaxe do Cruceiro de Triana na columna da dereita. Unha Grande Chea vai estar atenta a esta reparación.

CAMBADOS PARA O MUNDO
Con este titulo un xoven de Santo Tome que prefire quedar no anónimato creou unha páxina en facebook co unico obxectivo de promocionar a nosa vila cara o mundo, aséptico politicamente, trata de publicar todas as novas, libros, fotos, cousas inéditas de Cambados. Entre as suas fotos podes atopar instantaneas da nosa vila moi antiguas e incluso algunha que outra inédita. Unha forma mais de dar a coñecer o noso Cambados, es esta vez sen cheiros.
O PSOE APOSTA POLA ALTA FORMACIÓN NA SÚA LISTA
SEIS DOS SEUS CANDIDATOS SON NOVOS EN POLITICA.

Os seis primeiros postos da lista do PSOE, sentimos non
dispor da fotofrafía de Fatima.

O PSOE convértese no primeiro partido de Cambados que completa a lista electoral coa que concorren ás eleccións municipais do 22 de maio. A asemblea local acaba de ratificar unha candidatura que encabeza Domingo Tabuyo, e que está marcada pola renovación dos 17 titulares, nove participan por primeira vez nunhas eleccións, e o elevado nivel de formación de moitos dos seus integrantes.
Así, tras Tabuyo profesor de Xeografía e Historia, escritor e deputado estatal en dúas lexislaturas repite Rafael Branco Guerreiro, que é licenciado en Biolóxicas e técnico de emprego no Concello de Caldas. A número 3 da lista é Fátima Abal Roma, licenciada en Dereito. Tras ela aparece un técnico superior en Informática de Empresa e enxeñeiro de sistemas no grupo PSA Peugeot-Citroen, Lucas Vieites Fariña.
No número 5 da lista do PSOE de Cambados vai Sara González Varela, que é técnico superior en Acuicultura e traballa nun laboratorio. O 6 ocúpao Anxo Manuel Giráldez Oubiña, que é xerente dunha adega de albariño e que foi concelleira no anterior mandato.
A lista do PSOE continúa cun patrón de pesca e operario dunha empresa de tratamento de residuos sanitarios, Anxo Costa Cordal. No posto 8 atópase Milagres Martínez Piñeiro, que é licenciada en Económicas, e o 9 é Regina Núñez Mosteiro, licenciada en Ciencias Políticas e diplomada en Administración de Empresas.
O posto 10 é para José Anxo Bugallo Feijóo, mariñeiro; o 11 para Bernardo Falcón Rodríguez, profesor de Formación Profesional; o 12 é Dionisio Muñiz González, mecánico de automoción; o 13, Lucía Chaves Aragunde, agricultora e membro da executiva do sindicato Unións Agrarias.
No número 14 do PSOE de Cambados figura Miguel Pérez Osorio, mecánico de automoción; no 15, Tatiana Agra Soto, carpinteira; no 16, María Luisa González Calo, que é técnico de artes gráficas; e pecha a candidatura o empresario José Daporta Fernández.
Os suplentes son o construtor Emilio González Oubiña; Elena Abuín Chantada, que é funcionaria do Instituto Social da Mariña de Cambados; o profesor e adegueiro Santiago Radío Sineiro, e a funcionaria de Correos Lucía Reboredo Chaves. Para o candidato á Alcaldía, Domingo Tabuyo, "trátase dunha lista moi renovada, xa que dos dez primeiros postos, sete son novos con respecto á lista das pasadas eleccións e seis están por primeira vez en política". O alcaldable socialista engade que "tamén é unha lista nova, o que fala da aposta de presente e de futuro do socialismo en Cambados". A asemblea local valorou tamén que a candidatura "representa a todos os sectores económicos, ás parroquias", e que conta "cun elevado nivel de formación, fiel reflexo da realidade dos mozos do noso Concello e de Galicia".
Domingo Tabuyo destaca "a fortaleza do PSOE", afirma que nos comicios de 2007 "non gobernamos Cambados por un puñado de votos", e que os socialistas son a alternativa para "cambiar o pobo e facer, agora si, o Cambados de todos".
Tabuyo mídese nestas eleccións a Luís Aragunde, que será presentado como candidato o venres da próxima semana, nun acto ao que asiches o presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, e a Víctor Caamaño (BNG), que foi apadriñado por Guillerme Vázquez.

AS URXENCIAS NO SALNÉS, INSUFICIENTES PARA A POBOACIÓN
A comarca conta con dúas ambulancias do 061 e dous de Protección Civil
Os catro vehículos atenden a unha poboación de máis de 80.000 habitantes
O servizo está collo ao caducar o vehículo de Protección Civil de Meis
A ausencia de axudas económicas impide adquirir unha nova ambulancia
O Centro de Atención de Urxencias de Galicia 061 dispón na comarca do Salnés (Pontevedra) de tan só dúas ambulancias para dar servizo a oito concellos que acumulan máis de 81.000 habitantes. A falta de medios suplíase ata hai pouco coas ambulancias das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Vilagarcía, Cambados ou Meis. Con todo, na actualidade esta última agrupación quedouse sen vehículo sanitario, de tal forma que os veciños quedáronse aínda máis desprotexidos.
Segundo coñeceu Unha Grande Chea, a Agrupación de Meis tivo que xubilar a ambulancia da que dispuña porque se esgotou a vida útil que a lei dá aos vehículos sanitarios, oito anos, de tal forma que a comarca do Salnés adoece dun servizo sanitario completo e presenta medios claramente insuficientes para dar cobertura a toda a poboación. Con todo, para non desaproveitar o vehículo, agora utilízano para transportar animais, é dicir, recollida de mascotas abandonadas -sobre todo cans e gatos- que levan aos refuxios.
A situación xa foi denunciada reiteradamente polas centrais sindicais. De feito, desde a Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciaron fai uns meses que as ambulancias do 061 situadas en Vilagarcía e Cambados para dar servizo a estes concellos e aos da Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Meis, Catoira e Vilanova de Arousa resultaban insuficientes e unha discriminación da comarca con respecto a outras zonas como Pontevedra, que dispón de oito transportes para un área sanitaria de 245.880 habitantes.
En Pontevedra hai unha ambulancia por cada 27.000 habitantes, mentres no Salnés tan só unha por cada 40.000, de aí a importancia de que as agrupacións de Protección Civil conten con vehículos sanitarios propios. Só en 2009, Vilagarcía realizou 1.200 operativos; Cambados, 700; e de Meis non hai cómputos públicos.
Coa ausencia da ambulancia de Meis, todos os accidentes de tráfico ou urxencias sanitarias de todo tipo que se rexistran na súa zona de influencia teñen que ser atendidos pola ambulancia de Cambados que, debido á distancia entre ambos os municipios e á carga de traballo que ten, en ocasións, tarda máis do debido en chegar ata o lugar onde se produciu unha urxencia.
FALTA DE MEDIOS PARA UN NOVO VEHÍCULO
A redución deste servizo en Meis non é responsabilidade de Protección Civil, que tiña na súa propiedade a ambulancia anterior, pero era o Concello o que corría cos gastos que ocasionaba. En realidade, a falta de recursos económicos concedidos ás agrupacións de voluntarias está detrás deste déficit no servizo.
Segundo as informacións solicitadas, nas últimas convocatorias de axudas concedidas pola Consellería de Presidencia en concepto de subvención para asociacións de voluntarios das comarcas do Salnés, Ulla-Umia e O Barbanza (no límite entre Pontevedra e A Coruña) ascenderon a 38.000 euros.
Estas axudas, anunciadas no Diario Oficial de Galicia en agosto de 2010, supón unha media de entre 4.000 e 1.000 euros por agrupación, 1.801 no caso de Meis, unha cifra claramente insuficiente para adquirir unha nova ambulancia. A esta falta de axuda autonómica, a Administración obrigada a prestar este servizo, súmase a falta de implicación municipal, que tampouco achega fondos para comprar un novo vehículo.
Para ambulancias non hai diñeiro para reforma a Sociedade Cultural de Cambados , unha entidade privada da que a media de idade dos socios é 65 anos e se substitución xeracional se hai diñeiro, increible pero certo, asi é como nos gobernan Louzán, Touris e Aragunde.

Francisco Pazos é un dos artistas de Luis Fernandez lava a
DeArte.
A GALERIA BORRON 4 NOVAMENTE EN DEARTE
A Galería Borrón 4 un ano máis estará presente na Feira DeARTE Contemporáneo X Edición que se celebrará do 18 ao 20 de Febreiro.
no Pazo de Congresos de Madrid (Paseo da Castelá, 99).
Luis Fernández, Xerante da Galeria este ano acude con seguientes artistas:
Pintores: VICENTE PREGO, BALDO RAMOS, FRANCISCO ESCALEIRA E ANTONIO MATEOS..
Escultores: FRANCISCO PAZOS E JOSÉ MANUEL CASTRO .
GALERÍA BORRÓN 4 Av. Galicia, 39 Cambados. (Pontevedra) Telf. 986.52.01.22. borron4@gmail.com

MELGAÇO, TAMEN CELEBRA UNHA FESTA DO ALBARIÑO
Melgaço é un dos trece municipios portugueses da rexión noroeste, coñecida como Alto Minho. Apenas dez metros do caudal do Miño separan Melgaço das terras pontevedresas de Arbo. E, aínda que carece dunha gran feira (mercadillo), ten moito que ofrecer. A vila articúlase ao redor dunha fortificación medieval, característica destas localidades da raia (fronteira con Portugal). Un labirinto de ruas pequenas no que se apiñan pequenas casas dun só piso e no que sobreviven algunhas eiras trae á retina unha vida remota e gremial. Fóra da vila, Melgaço dilátase en aldeas e poboacións. É un municipio tobogán que das ribeiras do Miño ascende ata os mil metros de Castro Laboreiro, corazón da serra da Peneda, que co Gerês, é o único parque nacional de Portugal. Pois ben neste precioso pobo tamén ten lugar unha festa do Albariño concretamente os dias 20, 30 de abril e 1 de maio, é unha festa ademais declarada de interese turistico nacional en Portugal. Saen festas do Ablariño por tadas partes.


UN TRATO A SIMPLE VISTA DESIGUAL
Na Voz de Galicia do sábado podiamos ver duas novas, unha sobre o mitin do BNG no Auditorio da Xuventude e outra sobre a inauguración dun ximnaxio por parte do Alcalde Luis Aragunde, dandolle a redación en Arousa máis importancia a este nova que o mitin en si, ainda por riba no mesmo periódico de onte dáselle un espazo munisculo a presentación da candidatura do PSOE en Cambados. O venres presentase a candidatura do PP van ver Vdes o tratamento informativo que se lle vai dar a esa nova, de seguro que media páxina ou unha páxina enteira, esto non é a veracidade informativa que todos desexamos nin trato igual a todos os partidos. Por certo o ximnasio está nun Pabillón donde nas oficinas dos clubes chove como fora e os clubs teñen que tapar os mobles con plásticos e estala o cemento por todos os lados, iso non e nova. Doutra banda dicir que na inauguaración do ximnaxio do Pombal nin o Concello nin o Xuven estiveron a altura xa que como sempre deixaron fora da inauguracións os portavoces municipais do PSOE e BNG, que tamen teñen dereito e deben estar nas mesmas.

“GRAN MARRANO”.
UN VIDEO DENIGRANTE PARA O NOSO IDIOMA.
Como sabedes Galicia é tristemente noticia no programa de telecinco Gran Hermano e máis concretamente o galego, no que por desgraza temos a dous concursantes galegos a cada cal pior, unha é da Coruña, unha tal Marta i e denigrante o que di do galego, pero de onde saiu esta tipa , antes de falar polo menos enterate do que dis, podes ver o video premento AQUÍ, e logo está un de Vigo que se chama Yago, que pon a carón da súa cama unha bandeira galega o revés. Non sei como fan en telecinco no castíng deste programa, pero desde logo que sempre collen o peoriño de cada casa, dous tipos que para nada representan o noso pais.

Ningún comentario: