17 de feb. de 2011

Hoxe cumpren anos dos nosos amigos do facebook: Aniversarios: Alejandro Fernández Falcón, Alexandra Miguez Lorenzo, Bene Nogueira, Daniel Chazo, Iria Rey Garcia, Juan Manuel Rey Rego, Tita Aragunde Pérez

UNHA GRANDE CHEA CHEGA O AMIGO NÚMERO "3000" EN FACEBOOK.
A AFORTUNADA, A EMPRESA GES-SALNES ASESORES
A emrpesa Ges Salnés Asesores foi a aforunada que pasou a ser a nosa amiga número 3000 en facebook, unha cifra nada desprezabel, para unha modesta Asociación Cultural de Cambados denominada como todos sabedes co seu xenuino nome de Unha Grande Chea. Como premio esta asesoria ten duas invitacións para a cea de Antroido do vindeiro cinco de marzo que Unha Grande Chea vai organizar no Hotel Os Pazos de Cambados donde tamén vai ser nomeado chalequeiro unha persona que polo de agora non podemos desvelar o seu nome. Ges – Salnés Asesores é unha empresa de Cambados xa cunha grande vagaxe as súas costas, especialistas en Asesoria laboral, fiscal, fincenciera e contabel, creación de empresas, subvencións, renta e impostos. Tamén traballan temas como alquileres, servizos e mantementos varios. O seú enderezo social é na Avda. De Galicia Nº 39-1º-D de Cambados e podes contactar con eles nos seguintes telefonos 639097013(Móbil) 986542191 ou mediante o seu correo ges-salnes@telefonica.net. Parabéns.


UNHA VEZ SE ARREGLE A SOCIEDADE CULTURAL NON FAI FALTA SER SOCIO DA MESMA.
ESO MANIFESTOU LOUZAN EN RADIO PONTEVEDRA.
O Presidente da Deputación de Pontevedra confirmou o luns pasado no programa “La Opinión” de Radio Pontevedra, que unha vez proceda a reconstrucción da Sociedade Cultural de Cambados, os cambadeses non van ter a necesidade de ser socios da mesma. Os 700.000 euros recaudados de todos os pontevedredes, e que a Deputación vai invertir no revistemento da mesma , unha vez reinaugurada todos os cambadeses teñen acceso a mesma sen necesidade de pago de cuota algunha, asi o plasmou nunha contestación no meritado programa a unha pregunta dun veciño de Cambados e socio da referida entidadade.
O propio Louzán recoñeceu na súa contestación que o Auditorio da Xuventude quedarase pequeño para algúns eventos e era necesario a construcción dun auditorio de maior tamaño e que se faria na propia sociedade. A obra como todos sabedes non tivo licitación algunha e a constructora foi desginada a dedo polo propio Presidente da Deputación. A empresa encargada de realizar a obra e a empresa Oreco, a mesma que reformou o campo de Pasarón, tamén pagado cos cartos de todos os pontevedreses por medio da Deputación. As malas linguas din que o “Rabiso” ten "especial predilección" pola meritada empresa, nos creemos que non,   isto só é unha tendenciosa suposición das malas linguas. No pobo tamén hai quen di que este é un agasallo de Louzán a Luisiño Rá, por retirarse da pugna do sillón da Confraria e deixarlle o camiño libre a Benito Pelea, pero tamén un comentario das malas linguas. En fin cambadeses podedes ver como un de Ribadumia fai cos cartos dos pontevedreses realmente o que lle sae do carallo e todo o mundo a calar, sobre todo os medios de prensa que o respecto non din nin “muuuuu”, non vaia ser que quedemos sen publicidade institucional.

DESPOIS DE MAIS DUN MES O CRISTAL DO CENTRO DE SAUDE SEGUE SEN REPARAR.
Segundo publicaron varios medios de comunicación , unha noite dun sabado de fai mais de un mes un mozo cambadés menor de idade rompeu dun cabezado a porta do Centro de Saude de Cambados, pois ben, un mes despois dita porta segue sen arreglar, e eso no Centro non é a peor das novas, o mais malo é a falta de medios e personal que ven a sufrir este centro de saude dende que Feijoo está a cargo da xunta sobre todo moitas nais se preguntas donde está o tan ansiado servizo de Pediatria prometido por Luis Aragunde. Eso si para a sanidade non hai cartos, todos os deixamos para arreglar a Cultural que é unha das maiores urxencias que ten o pobo de Cambados na actualidade.

GOGUE LEVA A SANTIAGO AS GRANDES ESTRELAS DO CINE E ARTIGO DESTACADO NO CORREO GALEGO.
Actores da talla de James Stewart, Paul Newman, John Wayne, Johnny Deep e Marilyn Monroe, entre outros, viaxaron a Compostela da man e a imaxinación do meco-cambadés Gogue, que encheu as paredes da Biblioteca Ánxel Casal de retratos dos grandes do cine, nunha mostra que poderá visitarse ata o próximo 16 de marzo.
Autor de personaxes xa populares como Floreano, do que está preparando un libro con viñetas; Monchiña, Epifanio, Cachiña ou Don Ramón o cura, o coñecido ilustrador e caricaturista inaugurou a súa nova exposición Caricaturas de estrelas do cinema de Gogue, na que mostra a súa persoal visión dunha serie de personaxes facilmente reconocibles, non exentos de certa ironía e un fino sentido do humor.
A exposición reúne 17 obras realizadas en técnica de caricaturas dixitalizadas de estrelas do cine como Gary Cooper, Kirk Douglas ou Morgan Freeman, xunto a algunhas da música, como Elvis Presley, Mark Knopfler e Keith Richards.
Gogue aproveitou ademais para presentar un DVD no que ensina como crece unha caricatura, desde o principio ata o final.
Coñecido internacionalmente e metido de cheo en novos proxectos, como a ilustración dun libro de deportes dun xornalista estadounidense, Gogue é o creador do personaxe Carlotta Cohen, que se publica mensualmente no New York Movies Magazine de New York, e da cabeceira do semanario The Bush Blade, que se edita en Anchorage (Alaska).

DE TODO UN POUCO NA XORNADA DO XAV.
Resultados 12/02
2ª DIVISION A FEMININA
Calasancias Coruña B 1 - 3 ** XAV Cambados 21-25/16-25/25-13/15-25
Clasificación trala Xornada numero 12
EQUIPO                            
1 Proboin Boiro Voleibol 12 10 2 0 34 9 1029 813 22
2 Voley Arteixo                12 10 2 0 32 10 979 780 22
3 San Sadurniño                12 9 3 0 32 14 1043 866 21
4 Emeve Lab. Nupel B      11 9 2 0 28 12 915 841 20
5 Comercial Durán           11 6 5 0 22 18 896 844 17
6 XAV Cambados            12 4 8 0 16 28 902 1004 16
7 Calasancias Coruña B  11 4 7 0 14 25 780 869 15
8 Autos Rico UDC A       12 3 9 0 16 29 915 1016 15
9 CD Conxo                     12 3 9 0 15 33 961 1089 15
10 Dompa Gestión           11 0 11 0 2 33 565 863 11
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA
Calasancias Coruña 3 - 0 ** XAV Cambados 25-17/25-20/25-14
Clasificación trala Xornada numero 12
EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 Xacobeo 2010 Ribeira Sacra 11 11 0 0 33 5 926 605 22
2 Turismo de Vigo Caixanova 11 10 1 0 31 6 883 614 21
3 Calasancias Coruña 12 7 5 0 26 18 962 865 19
4 Zalaeta 10 8 2 0 26 10 854 617 18
5 Emeve Laboratorios Nupel 10 7 3 0 25 10 808 617 17
6 Aldebarán San Sadurniño 11 5 6 0 17 18 719 729 16
7 CVO Ourense A 12 4 8 0 14 26 784 883 16
8 XAV Cambados 12 3 9 0 10 29 675 895 15
9 Comercial Durán 11 1 10 0 5 30 585 852 12
10 Bertamirans FC Voleibol 12 0 12 0 1 36 398 917 12
LIGA GALEGA CADETE FEMININA
Calasancias Coruña 1 – 3 XAV Cambados 17-25/25-14/19-25/16-25
LIGA ZONAL CADETE FEMININA
X. Teis Turismo de Vigo C (Xuvenil) 0 - 3 ** XAV Cambados B 12-25/8-25/15-25
Clasificación trala Xornada numero 9
EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 XAV Cambados B 9 8 1 0 26 4 735 418 17
2 Turismo de Vigo Caixanova IES Teis B 9 7 2 0 21 10 672 553 16
3 Comercial Durán 9 4 5 0 19 17 749 720 13
4 X. Teis Turismo de Vigo C (Xuvenil) 9 4 5 0 14 16 578 653 13
5 CV Dorrón 9 4 5 0 13 19 619 653 13
6 Maniotas 9 0 9 0 0 27 319 675 9
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
Calasancias Coruña 3 - 1 ** XAV Cambados A 25-14/25-11/16-25/29-27
Clasificación trala Xornada numero 12
EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova 12 11 1 0 35 3 943 572 23
2 CV Ourense 12 10 2 0 30 6 865 581 22
3 Liceo La Paz 12 9 3 0 28 13 928 799 21
4 Emeve Laboratorios Nupel 11 8 3 0 24 11 823 655 19
5 Calasancias Coruña 12 6 6 0 23 20 915 877 18
6 CV Noia 12 6 6 0 18 24 817 888 18
7 Xacobeo 2010 Ribeira Sacra A 11 4 7 0 14 25 781 867 15
8 XAV Cambados A 12 3 9 0 14 28 779 935 15
9 Manuela Rial 12 2 10 0 10 31 737 968 14
10 Comercial Durán 12 0 12 0 1 36 479 925 12
ALEVIN MIXTO
Empezaron o pasado sábado en Pontevedra. A foto é do final dos partidos. Xogamos sete partidos de dez minutos de reloj corrido. En alevíns, onde xogaron Antía Martínez, Pili Betanzos, Alba Parada, Andrea Gondar, Cloe e Aloia Ínsua, gañamos catro partidos de sete.


BENXAMIN
As máis pequenas no seu debú ligueiro gañaron seis partidos de sete ante o asombro de propios e extranos. Debedes saber que nestas categorías se compite indistintamente de sexo ou estatura. As nosas benxamíns son Duna Oubiña, Antía, Clara, Carmen, Ana, Sofía Duymovich e Ángela

O CONCELLO DE CAMBADOS DEIXA DA MAN DE DEUS A PROTECCIÓN CIVIL

A agrupación de Protección Civil de Cambados fíxose recentemente cun furgón que pagaron con medios propios da entidade. Agora queren adquirir un equipo de excarceración para adaptalo dentro do furgón e así contar co material adecuado para actuar nas urxencias nas que é necesario rescatar a un ferido atrapado.
Nos últimos tempos a Administración local esqueceuse deles, por iso nesta ocasión preferiron buscar financiamento por outras vías. Con ese obxectivo, nos últimos días dirixíronse por escrito aos comerciantes da localidade para solicitarlles unha colaboración económica.
O custo do equipo ascende aos 18.000 euros, e os voluntarios da agrupación esperan que coa colaboración dos comerciantes, por mor dunha pequena achega cada un, poidan adquirir un equipamento que redundará en beneficio de toda a cidadanía, xa que é un servizo dirixido á poboación.

O XUÍZ ORDENA A APERTURA PROVISIONAL DO “CAMIÑO DA DISCORDIA” NUN PRAZO DE 15 DÍAS
O xuíz e acaba de ordenar a execución provisional da sentenza que obriga á dona do acceso traseiro ao colexio San Tomei a liberalo de obstáculos e permitir o paso de pais e nenos. E é que a sentenza favorable á asociación de pais e nais, que esixían a súa “dereito” ao paso, non era firme e a dona do camiño interpuxo un recurso de apelación, nun intento de gañar o preito.
Ante o temor de que o litixio prolónguese durante anos e mentres, a comunidade escolar non poida dispor dun servizo “moi necesario”, pois evita dar grandes rodeos para chegar ao centro, os pais decidiron exercer o seu dereito a solicitar unha execución provisional da sentenza. Unha ferramenta prevista na Lei de Enjuiciamiento Civil aplicable a casos como este. No caso de que na apelación gañara a dona da finca os pais terian que indemnizar a esta na cantidade que se fixe en execución de sentenza.

A REVOLUCIÓN DE ISLANDIA
Agora que o pobo exipcio triunfou, ou polo menos paréceo, é bo momento para falar doutra revolución moito máis descoñecida: a de Islandia, ese país que o FMI de Intre puña como exemplo a seguir e que acabou completamente crebado, afundido polos cascallos dunha banca canceríxena que converteu a illa nun inmenso hedge fund e deixou unha débeda equivalente a todo o PIB de oito anos e seis meses.
A solución islandesa a esa condena pronto se apartou da ortodoxia. A Fiscalía abriu unha investigación penal contra os banqueiros responsables do colapso; algúns fuxiron do país e están en busca e captura pola Interpol. En 2009, o goberno tivo que dimitir en bloque, acurralado polas protestas cidadás; foi o primeiro e case o único en caer pola crise (se excluímos a Tunisia e Exipto). Despois os islandeses forzaron un referendo para bloquear o pago da débeda da banca e lográrono: gañou o non con máis do 90% dos votos. E fai un par de meses, Islandia arrincou unha ambiciosa reforma constitucional que, por primeira vez na historia do mundo, será froito dun proceso de democracia directa, á marxe dos partidos. A Asemblea Constituínte está formada por 31 cidadáns correntes, elixidos nas urnas entre 523 candidaturas que só necesitaban 30 firmas para poder presentarse.
Hoxe Islandia está crecendo. O ano que vén, o seu orzamento público estará en superávit; a súa situación económica é bastante mellor que a doutros países igualmente desarbolados, como Grecia ou Irlanda. O segredo? Algo revolucionario, aínda que se supuña que era unha das regras ensenciales do capitalismo: Islandia negouse a socializar as perdas e deixou que a banca irresponsable simplemente crebase.
Ignacio Escolar

Ningún comentario: