27 de xan. de 2011

HOXE FALAMOS DE: A CONFRARIA DOS DESPROPÓSITOS, FUMAR EN CAMBADOS, JOSE A. DOMINGUEZ E PREMIOS LUEIRO REY

A CONFRARIA DOS DESPRÓPOSITOS, COMUNICALLE UNHA ASEMBLEA ANTES A PRENSA QUE AS PROPIAS MARISCADORAS.
O venres 21, no xornal Faro de Vigo, saíu unha nota de prensa que podedes ver a dereita, sobre unha asamblea que vai a ter lugar na Confraría, o venres día 28 . Onte,último día de traballo das mariscadoras, sobre as dúas da tarde a presidenta das mesmas Isabel publicou personalmente unha nota,que puxo no tablón de anuncios do punto de control, na que se convocaba a todos os socios/as da Confraría para unha Asamblea Xeral este venres, día 28, as 10:30 en 1ª convocatoria e as 11:00 en 2ª convocatoria . A Orde do día é a explicación das comportas no Saco de Fefiñáns. A prioridade foi dala a coñecer primeiro na prensa e as principais afectadas dous días antes de dita Asamblea. Impresentable tanto a actitude da presidente como a do Patrón Maior.



NALGUNS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DE CAMBADOS, PÓDESE FUMAR
Ainda non transcorreu un mes da entrada en vigor da Lei Antitabaco e a xente xa empezou a infrinxir a Lei. Os primeiros infractores deronse no Levante español, pero agora os infractores xa se propagaron por todo territorio español e tamén polo noso país Galicia, e por suposto en Cambados, xa non son un, nin dous, nin tres os bares de Cambados onde se fuma coa anuencia dos seus propietarios. Asi temos coñecemento de nun bar de Fefiñans fúmase sen ningunha clase de tapuxos, obviamente non imos dicir o nomes por razóns legais. Tamén temos coñocemento por testemuñas presenciais que tamén se fuma nun famoso bar de Cambados centro e en algún que outro furancho da vila.
Hai que lembrar o que di o artigo 20.1 da Lei Antitabaco sobre as sancións:
Artigo 20.1..- As infraccións leves sancionaranse con multa de 30 a 600 euros, salvo a consistente en fumar en lugares prohibidos prevista no artigo 19.2.a), que será sancionada con multa de ata 30 euros se a conduta infractora realízase de forma illada; as graves, con multa desde 601 euros ata 10.000 euros, e as moi graves, desde 10.001 euros ata 600.000 euros.


JOSE ANTONIO DOMINGUEZ EXCONCELLEIRO DO PARTIDO POPULAR ACUSADO DE INTENTAR ATROPELLAR A PRÓPOSITO A OUTRA PERSOA.
José Antonio ´Dominguez é o primeiro pola esquerda.
Hai uns días liamos nos xornais a nova de que en Castrelo houbera un atropelo que se saldara cunha vítima en estado grave. O suceso tivera lugar o domingo arredor das 16.00 horas cando o veciño J.A.D se saiu da pista pola que conducía.
J.A.D., coñecemos hoxe, é Jose Antonio Domínguez, moi coñecido ex concelleiro de Obras do Partido Popular pola polémica que xerou ao ter un altercado en plena rúa  cun Policía Local en 2001 por que non levaba posta a gorra. E nas derradeiras eleccións municipais iba na lista de candidatos pero non saiu elexido.
Hoxe tamén sabemos que a vítima, Carlos Figueroa, acusa ao condutor de atropelalo intencionadamente porque di que acelerou ao velo. Sostén que cre que se debe a un xuizo sobre unha leira que se tiña que celebrar estes dias e no que Figueroa ia declarar chamado a instancia da parte contraria a Jose Antonio.
De todas formas, este non é o primeiro accidente de coche do ex concelleiro. En 2007 sufriu tamén outro aparatoso accidente, tamén en Castrelo, que o tivo varios días nunha Unidade de Coidados Intensivos dun centro de Pontevedra.
Haberá que agardar até que se esclareza o sucedido esta semana, xa que a vítima do atropelo deu tamén á Garda Civil a súa testemuña dos feitos.
Fontes http://www.cambados.tk/  e La Voz de Galicia. Foto: Programa do PP.



PRESENTACIÓN DOS PREMIOS LUEIRO 2010
A Concelleria de Cultura do Concello do Grove e Sotelo Blanco Edicións teñen o pracer de convidarvos ao acto de presentación das obras gañadora e finalista do Certame de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, da edición 2010, que organiza o Concello do Grove e publica Sotelo Blanco Edicións.
O acto será o venres 28 de xaneiro, ás 20 horas da tarde, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, do Grove.
As obras gañadora e finalista da edición do ano 2010, foron respectivamente: As horas rotas, de Chelo Suárez, que será presentada pola gañadora da edición anterior, a escritora An Alfaya, e A pregunta perfecta (O caso Airas-Bolaño) de Juan Tallón, que será presentada polo membro do xurado Francisco Martínez Bouzas, profesor e crítico literario; ambas obras recén editadas na colección de narrativa Medusa de Sotelo Blanco Edicións.
No acto participarán, ademáis dos autores e presentadores, o presidente do xurado, Manuel Quintáns, o editor Olegario Sotelo e o concelleiro de Cultura, Antón Mascato, que aproveitan para recomendar “a lectura destas obras das que é innegable tanto a diferencia temática e estilística entre elas, como a alta calidade das mesmas, o que provocou un intenso debate no xurado”.

Ningún comentario: