FRANCISCO FERNANDEZ REI NUN SEMINARIO SOBRE O GALEGO EN VITORIA
A Facultade de Letras de Vitoria acolle o seminario 'Dialectología galega e galego estándar'
O Salón de Plenos da Facultade de Letras da UPV-EHU, situado en Vitoria, acolleu este mércores o seminario 'Dialectología galega e galego estándar' organizado polo Centro de Estudos Galegos.
Nun comunicado, a UPV-EHU explicou que o encontro, que tivo lugar ás 16.30 horas, e contou coa presenza do dialectólogo catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto dá Lingua Galega o cambadés Francisco Fernández Rei.
O seminario centrarase na delimitación das fronteiras lingüísticas do idioma galego, na presentación e estudo dos fenómenos diferenciadores dos dialectos que forman esta lingua, así como no seu estudo a través dos mapas e atlas lingüísticos.
¿NEGOCIAR COA MORTE? O CONCELLO DE CAMBADOS E A IGREXA DISPOSTOS A ASINOAR OS NOVOS CONTRATOS. OS QUE PAGARON TRES MIL EUROS AGORA TEÑEN QUE PAGAR 5000.
Os veciños de Cambados que fai oito anos compraron nichos na ampliación do cemiterio de Santa Mariña Dozo teñen que pasarse estes días pola Igrexa parroquial apra palgar co curra párroco José Aldao ou polo Concello para falar con Luis Aragunde, e confirmar a súa petición ou anulala. Desbloquéase así por fin a penosa odisea pola que pasaron as obras de ampliación do principal camposanto cambadés, que se iniciaron fai xa oito anos, cunha actuaciópn penosa tanto por parte do Concello como parte da Igrexa.
A previsión da empresa é pechar a lista definitiva de solicitantes o venres, día 28, polo que as persoas interesadas teñen que acudir esta mesma semana a confirmar a súa solicitude. Posteriormente, o domingo, 6 de febreiro, efectuaríase a adxudicación. O que aínda está por determinar é como se realizará esta “se por orde de inscrición ou por sorteo”, xa que se prevé que a demanda de nichos exceda a oferta.
![]() |
Foto de Raúl Cacabelos Bote |
Isto é consecuencia das restricións ordenadas no seu día pola Dirección Xeral de Patrimonio. A ampliación do cemiterio cambadés atópase na contorna das ruínas de Santa Mariña Dozo, un dos principais monumentos da vila, polo que Patrimonio obrigou aos promotores a rebaixar a altura das construcións funerarias. Iso motivou a perda dalgúns nichos inicialmente previstos.
Un aspecto que teñen que valorar tamén os veciños é que o prezo dos espazos incrementouse dun modo notable. Así, fai oito anos os panteóns de catro nichos e unha urna para cinzas valían 3.000 euros “e de feito hai xente que xa pagou ese diñeiro”, pero agora custan 5.000 euros.
Nunha nota informativa, os promotores argumentan que a subida dos prezos débese "ás modificacións que Patrimonio indicou, e non permitindo a construción como estaba previsto no seu momento". Ademais, engaden, "temos que ter en conta que pasaron seis anos desde o inicio das obras e os materiais e a construción en xeral sufriron modificacións".
Así mesmo, o panteón de tres nichos custa 3.800 euros; o de dous, 2.500; as sepulturas de tres nichos, 3.600 euros; e as urnas-nicho, 200. Finalmente, na ampliación habilitáronse un total de 71 panteóns de catro sepulturas cada un; 139 de tres; 20 de dous nichos; 24 sepulturas con tres espazos cada unha; e 35 urnas para cinzas. Isto fai un total de 813 sepulturas.
Na igrexa distribuíron antonte domingo a folla parroquial, na cal infórmase da necesidade de acudir aos locais da parroquia ou ás oficinas municipais para comprobar os datos. Os interesados tamén poden solicitar máis datos no consistorio.
A lentitude nas obras do cemiterio de Santa Mariña supuxo un calvario para moitas familias, xa que había xente que tivo que pedir prestado nichos a outros familiares ao quedar sen ningún. A situación tamén xerou un intenso debate político, pois varios partidos políticos e o propio cura párroco de Santa Mariña, José Aldao, expuxeron a necesidade de que o Concello asuma a titularidade e xestión do cemiterio.
A administración municipal, con todo, recorda que os terreos son propiedade da Igrexa, e que polo tanto o concello non pode facer máis que colaborar.
Nova extraída de Faro de Vigo.
FÚTBOL GALEGO, FÚTBOL EN GALEGO. O CLUB JUVENTUD CAMBADOS UN EXEMPLO.
Non ha ser moi complicado, pero xa vai sendo hora de que os nosos equipos empecen a usen o galego nas súas comunicacións.
É abraiante vermos como o Dépor ou o Celta ignoran totalmente a lingua de Galiza. Talmente como se foran equipos alleos, extraños á nosa terra.
A idea é irmos creando un grupo ou unha masa crítica abonda para facer algúnha acción reivindicativa.
De momento, infórmovos que no Facebook existe xa un grupo denominado por Un Dépor en Galego, agora somos 656, pero se acadasemos un número algo maior poderíamos empezar a facer cousas, actos públicos, roldas de prensa e outras accións que se vos ocorran.
Empecemos por sumar, despois podemos estudar de que maneira empezamos a presionar e a reivincidar o uso do galego nos equipos de Galiza.
É todo un exemplo o Club Juventud Cambados, quen utiliza tanto na súa páxina web, megafonia do campo e carteleria así como comunicacións todo en galego.
Mais info premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario